Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/09/2020 | Actualizada ás 14:16
Un novo positivo entre os traballadores do dispositivo contra incendios da Xunta, o dun condutor de motobomba en Verín, obrigou a illarse tamén a dous dos seus compañeiros, informaron fontes do Goberno galego.
O condutor que deu positivo atópase xa no seu domicilio e pediuse a outros dous condutores de motobomba cos que estivo en contacto que fagan o mesmo. Os médicos de cabeceira encargaranse agora de darlles as instrucións pertinentes.
Este positivo súmase aos coñecidos nos últimos días entre traballadores do dispositivo contra incendios. En concreto confirmouse que se contaxiaron con coronavirus brigadistas do Servizo de Protección e Defensa Contra Incendios Forestais na Cañiza, A Lourenzá e San Xoan de Río.
O venres coñeceuse tamén que un brigadista da cuadrilla municipal de Cualedro (Ourense) deu positivo, o que levou a pór en corentena a catro compañeiros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.