Un lume que comezou de madrugada queima xa 20 hectáreas en Cerdedo-Cotobade e o da Mezquita 240

Está controlado o que se iniciou no Pindo e que xa queimou 70 hectáreas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2020 | Actualizada ás 09:52

Comparte esta noticia

Un incendio que se declarou ao redor das 1,44 horas deste domingo no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade permanece activo tras queimar unhas 20 hectáreas, segundo as primeiras estimacións, mentres que segue activo, aínda que estabilizado, o que arrasou 240 hectáreas na Mezquita.

A Consellería do Medio Rural informou este luns de que as chamas afectan á parroquia de Augasantas en Cerdedo-Cotobade e que na zona traballan un técnico, seis axentes, 11 brigadas, 11 motobombas e dúas pas.

No caso da Mezquita, o incendio da parroquia de Esculqueira, que entrou desde Portugal ao mediodía do sábado, considérase estabilizado por parte de Medio Rural desde as 16,13 horas do domingo e a estimación do terreo queimado mantense en 240 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse ata o momento 13 axentes, 30 brigadas, 14 motobombas, tres pas, 12 avións e nove helicópteros.

Por último, o lume que comezou o domingo ás 7,33 no Pindo, en Carnota, permanece controlado desde as 18,03 horas de onte. As últimas estimacións calculan que arderon 70 hectáreas, sete arboredos e 63 de monte raso. Para extinguir as chamas mobilizáronse polo momento un técnico, 12 axentes, 19 brigadas, 13 motobombas, unha pa, catro avións e catro helicópteros.

Incendio en Cerdedo-Cotobade
Incendio en Cerdedo-Cotobade | Fonte: ATBRIF.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta