Investigadores galegos denuncian que Facebook "censura" estudos científicos alleos ó "discurso oficial"

Aseguran que a plataforma impide acceder a enlaces de traballos "con base científica" por non coincidir estes co discurso "que chega ó gran público".

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Críticas ó control da información por parte da plataforma Facebook. Os últimos ataques ó xigante tecnolóxico propiedade Mark Zuckerberg veñen da man dunha serie de investigadores e científicos -entre eles algúns galegos- que critican a "censura" do sistema a unha serie de narrativas científicas "comprobables" pero "non coincidentes co discurso oficial". A denuncia vén de ser feita pública cun comunicado ó que se sumaron nos últimos días profesionais do sector público e privado. Entre eles cóntanse múltiples docentes de varias universidades do estado, destacando o decano da Facultade de Ciencias Económicas da USC, e o Instituto Resiliencia.

Facebook
Facebook | Fonte: Diariochaco.com

As críticas fundamentais do documento oriéntanse á "censura" por parte da plataforma dunha serie de estudos que resultan "silenciadas e calumniados". Segundo destacan no comunicado, a problemática en cuestión arrincou "dende cando menos" o pasado mes de agosto, momento no que plataforma comezou a bloquear os enlaces ao blog sobre Mudanza Climática Usted no se lo cree, que en 2009 resultou premiado pola actual Ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera.

"Cando unha persoa usuaria desexa partillar unha ligazón a un destes blogs, Facebook responde con distintas mensaxes de alerta indicando que estes sitios web non cumpren cos seus 'community standards', ou mesmo que realizan spam, sendo isto rotundamente falso", destacan os asinantes. O comunicado insiste en que esta circunstancia provoca cun "un duplo dano". "Por unha banda -destacan- fúrtase o acceso ás informacións publicadas por estes prestixiosos divulgadores; por outra, de maneira sibilina, proxéctase unha velada acusación de falsidade sobre os contidos".

"ATAQUE Á LIBERDADE DE EXPRESIÓN"

Fronte a esta situación, divulgadores e científicos critican á empresa polo seu "ataque á liberdade de expresión" e chaman a que permita a circulación dos contidos con base científica.  "Como colectivo esiximos aos responsables da rede social Facebook que respecten e liberdade de expresión e, singularmente, a de base científica, e que en calquera caso, restitúan a integridade e bo nome dos blogs censurados", esixen no comunicado. "A ocultación á opinión pública da situación e da problemática que describimos e denunciamos é precisamente a causa de que o decrecemento e as propostas da Economía Ecolóxica aparezan aínda como insuficientemente desenvoltas", conclúen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Gamela

Sempre mirando ás cimas do Everest (colapsadas) mentras dende o Tegra o mundo está aos nosos pés... Sempre considerando que o futuro vai vir de fóra, coma se esta terra non fose suficientemente vella e sabia para acreditar nela... A Gran Mentira Azul https://i.gal/FalsasRedes

1 Xesús Ateo Recalcitrante

E que esperan desa banda de negociantes sen escrúpulos liderados desde os USA? Eu xa ha máis dun sno que me din de baixa en Facebook, entre outras moitas cousas, pola censura á que teñen sometido ás persoa usuarias desa rede de captura de datos privados.