Alumnado de Comunicación da USC crea unha guía sobre xornalismo e a cuestión migratoria

A 'Guía de boas prácticas' é o apartado máis completo, cun decálogo con recomendacións para abordar o tratamento de informacións sobre migración

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2024 | Actualizada ás 19:34

Comparte esta noticia

O alumnado da materia de Redacción Informativa do primeiro curso do grao de Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela, sacou á luz o proxecto 'Ponte de Palabras. Xornalismo colaborativo e transmediático especializado na migración', unha publicación que quere contribuír a mellorar a información sobre a cuestión migratoria.

A guía foi realizada coa coordinación dos profesores José Casás, Xosé López e Ana Isabel Rodríguez Vázquez e conta coa colaboración do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Grupo de Investigación Esculca, da Facultade de Ciencias da Educación.

Ponte de Palabras continúa o labor iniciado coa Guía de linguaxe inclusiva, así como as de Proxecto Broto, Proxecto Xermolo, Proxecto Ikigai e Proxecto FACTCOM, redactadas polo alumnado de anos anteriores.

A guía consta de cinco apartados diferenciados, comezando por un panorama da actual situación na sociedade respecto a cuestión migratoria, con especial foco na realidade histórica galega. No segundo dos epígrafes, 'Xornalismo e migración', analízanse a responsabilidade que ten a profesión no tratamento de informacións relativas a esta temática. En 'Fontes e referencias' ofrécese unha listaxe de fontes expertas, entidades e organismos institucionais aos que acudir á hora de facer coberturas sobre migración e 'Entrevistas' constitúe un espazo para dar protagonismo a voces especializadas, desde diferentes perspectivas.

A 'Guía de boas prácticas' é o apartado máis completo, cun decálogo con recomendacións para abordar o tratamento de informacións sobre migración. O epígrafe conclúe con algúns estudos de caso en medios de comunicación do ámbito español.

Facultade de Xornalismo da USC
Facultade de Xornalismo da USC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta