A tese parte dunha enquisa que reflicte que amplos sectores da poboación mostran escaso coñecemento sobre a ciencia do clima, mentres que prolifera a desinformación e a evasión de noticias
  comenta   0
A USC non ten "liñas vermellas" aínda que insiste en manter o acordo de 2015, o cal a comisión, presidida pola UVigo, buscará reeditar. A UDC confirma que seguirá adiante coa súa proposta de ter un grao propio.
  comenta   0
Queres ser o protagonista dunha época épica da historia de Galicia?. Queres formar parte do equipo de escavación e de investigación dun dos períodos históricos máis interesantes da relación entre Galicia e Portugal?. Aquí tes información para formar parte do I Campo de Voluntariado de Tomiño.
A investigadora Fina Lombardero, referente no estudo da sanidade forestal en Galicia, analiza como un insecto asiático colonizou os nosos castiñeiros en tempo récord, deformando as súas xemas, reducindo a produción de castaña e poñendo en perigo un ecosistema clave. Tamén alerta das consecuencias dun modelo forestal sen fronteiras.
  comenta   0
Francisco Javier Cardama, investigador do CiTIUS da USC, explica como a supercomputación, invisible pero omnipresente, xa moldea as nosas vidas, e por que Galicia aínda ten algo que dicir nesta carreira cara o cuántico.
  comenta   0
A medida estatal levantou a polémica no campo, pero a profesora da Facultade de Veterinaria da USC Ana María López Beceiro lembra que isto non vai de Facenda, senón de saúde pública: sen rexistro, non hai protección fronte á gripe aviaria, unha enfermidade que ten explosións de letalidade cada certos anos.
  comenta   0
Anuncia un gran foro sobre a xestión do litoral con todas as comunidades costeiras de España.
  comenta   1
O Consello do Estudantado da USC, como órgano que representa ao seu alumnado, expresou o apoio á continuidade do Mestrado Universitario en Matemáticas (único en Galicia), que non se poderá impartir durante o curso 2025/2026.
  comenta   0
O Concello de A Pontenova nomeou Fillo Predilecto a Xosé Antón García Cotarelo. Os motivos para tal honra son os que expuxo na súa proposta dirixida ao Alcalde a Asociación de Funcionarios para a Normalización, que se resume nesta inequívoca cualificación: o seu maxisterio galeguizador foi decisivo para a normalización da lingua galega nos usos administrativos na Xunta de Galicia.
  comenta   0
O tamén catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública pola USC advirte dos cambios do virus H5N1, que dende 2022 contaxiou a especies nunca antes afectadas, como mamíferos, incluídos humanos.
  comenta   1
Ana María López Beceiro, profesora da Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela (USC), asegura que "a gripe aviaria é unha enfermidade vella coñecida que, de cando en vez, volve con forza". E sinala que "o tratamento natural para ela é que os exemplares máis débiles rematen morrendo e o virus quede sen hospedador".
  comenta   0
A desaparición da titulación poñería en risco a cadea completa grao-mestría-doutoramento en Matemáticas en Galicia.
  comenta   0
A lingua que usamos para pensar pode cambiar as nosas decisións morais. Marcos Díaz-Lago, profesor da Facultade de Psicoloxía da USC, explica como a ciencia explora o sorprendente poder do 'Foreign Language Effect'.
  comenta   0
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que convocará un pleno extraordinario para pedir á Xunta que habilite unha facultade de medicamento na Universidade de Vigo (UVigo)
  comenta   0
Por agora, das tres universidades públicas galegas só a de Santiago de Compostela oferta esta titulación aínda que había desde 2015 un acordo que recollía a descentralización da docencia clínica nos cursos de cuarto, quinto e sexto.
Promoven unha recollida de firmas para mantelo. A universidade, contraria á decisión da Xunta de non declaralo titulación 'singular', traballa en facelo máis atractivo para o curso 2026/27.
"A turistificación do espazo rural forma parte dun proceso dirixido dende hai décadas pola Unión Europea, que desmantelou o potencial produtivo da agricultura e substituíuno por un modelo baseado na atracción de visitantes", denuncia o investigador da USC Valerià Paül Carril.
  comenta   0
Un dos maiores retos na produción de hidróxeno verde é a degradación dos catalizadores durante a electrólise da auga, o proceso que separa a auga en osíxeno e hidróxeno mediante electricidade.
A crítica literaria Dolores Vilavedra analiza como a narrativa galega se converteu nun espazo clave para reconstruír a memoria histórica e afrontar os traumas colectivos desde as marxes culturais.
  comenta   0
"O iLTIUS será o primeiro instituto de investigación de Galicia que aborde de forma concreta o continuo entre a lingua e a literatura, e examíneo, ademais, desde a perspectiva sincrónica e diacrónica", explicaba Alonso Veloso no acto
  comenta   0
O catedrático 'ad honorem' de Física Atómica e Nuclear da USC Ignacio Durán Escribano defende que España "ten que superar a actual crise política e pasar a xestionar axeitadamente o financiamento dunha rede eléctrica reforzada, dun almacenamento limpo por bombeo, dun incremento firme das renovables, da extensión da vida das plantas nucleares actuais e da programación de novas plantas, de aquí a 15 anos, para poder chegar ao control e diminución do quencemento global o antes posible". "É urxente", asevera.
  comenta   0
nvestigadores de USC, UVigo e CSIC avisan da virulencia destes fenómenos.
  comenta   0
"As estimacións de Altri á hora de presentar o seu proxecto están feitas pensando en rendementos óptimos, pero a realidade pode ser moi diferente", advirte Horario García, profesor titular de Xeografía Física na Universidade de Santiago de Compostela (USC).
  comenta   0
"Galicia converteuse para o eucalipto nunha romaría que leva celebrándose dende hai máis de 50 anos, na que cada un pode facer o que queira, cortar o que queira e plantar o que queira", lamenta o catedrático da USC Javier Guitián, que, aínda con dúbidas, aposta por prorrogar a moratoria sobre as plantacións de eucalipto, pero "poñendo máis esforzo en controlalas, porque se non se vixían os montes ao completo, a xente seguirá facendo deles o que queira".
  comenta   0
A expansión da doenza da 'banda marrón' está a transformar o modelo forestal galego. Como apunta Antonio Rigueiro Rodríguez, profesor emérito da USC e presidente da Asociación Forestal de Galicia, "estamos ante un problema moi serio e sen precedentes recentes".
  comenta   0
Antonio Rigueiro, profesor emérito da USC e presidente da Asociación Forestal de Galicia, advirte de que "é bo diversificar e frear a expansión abusiva e desordenada do eucalipto, pois, do contrario, as consecuencias para o monte galego serán moi graves". A moratoria, di, serviu para frear a febre plantadora, pero non abonda: "Se esta remata, a situación podería volver ser igual ou mesmo peor que antes".
  comenta   0
Bran Barral, docente e investigador na USC, defende o uso do galego no ensino universitario e na produción científica, ao tempo que denuncia a falta de incentivos institucionais para que o profesorado empregue a lingua nas aulas e publicacións
A profesora de Economía Aplicada na USC María do Mar Pérez Fra reivindica unha nova mirada cara o rural galego, afastada do paternalismo e os estereotipos, pois defende que o rural está cheo de posibilidades e conta xa con poboación e iniciativas innovadoras que son unha fonte de oportunidades inesgotable. Por iso, fai un chamado a repensar as políticas dende a realidade concreta das comunidades que o habitan.
  comenta   0
"Todo o que acontece nun punto do río terá sempre afeccións augas abaixo", advirte Horacio García, profesor titular de Xeografía Física na Universidade de Santiago de Compostela (USC), alertando do impacto de Altri sobre a saúde hídrica de Galicia e do río Ulla ante unha vertedura anual de máis de 22.000 toneladas de compostos químicos á auga.
  comenta   0
Acadáronse grazas ao Validatón, unha competición aberta ao alumnado das titulacións de Filoloxía que fai posible a validación e gravación de fragmentos de voz en galego para despois doalos á plataforma pública Common Voice.
  comenta   0
A empresa biotecnolóxica Colossal Biosciences logra modificar 20 xenes dun lobo gris para recrear a apariencia do extinto 'Aenocyon dirus', protagonista en series como 'Juego de Tronos'. Sen embargo, como apunta o coordinador xeral do Máster en Xenómica e Xenética na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Vera, "para poder dicir que o animal resultante é a especie extinta, terías que facer unha clonación completa do seu xenoma".
  comenta   0
Un informe da USC recolle que "transformou drasticamente a paisaxe e supón serias ameazas para a biodiversidade".
  comenta   0
O consumo de alcol entre menores aumenta en intensidade e patróns de risco. A presión social, a publicidade e a falta de expectativas debuxan un escenario no que a bebida se converte nun rito de paso máis, con consecuencias fatais para moitos. Os últimos datos en España indican que máis do 40 % dos mozos e das mozas de 18 anos amosan cando menos un episodio de consumo intensivo de alcol (consumo en atracón) no último mes.
  comenta   0
O consumo intensivo de alcol en mozos pode causar danos persistentes no cerebro. O catedrático da USC Fernando Cadaveira analiza os seus efectos e alerta da necesidade dun cambio social para frear esta problemática: "Se non xeran o hábito de consumir alcol na adolescencia, probablemente o seu consumo adulto xa sexa moito máis moderado e lóxico".
  comenta   0
Galicia Confidencial fala do tema con Dolores Riveiro, profesora da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e investigadora do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA), que apunta a que "os aranceis anunciados por Trump poden ter efectos de segunda e terceira volta" que prexudiquen aos sectores galegos aínda que non exporten en grandes cantidades aos Estados Unidos de maneira directa.
  comenta   0
Dolores Riveiro, profesora da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e investigadora do Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA), advirte de que "quen acaban pagando os efectos deses aranceis son os consumidores e, neste caso, os consumidores de Estados Unidos". JP Morgan ou Goldman Sachs xa falan de "altas probabilidades de recesión".
  comenta   0
O biólogo e especialista no estudo do lobo Pedro Alonso, que acumula décadas de estudo sobre este animal, lamenta que non houbese diálogo para buscar o consenso con todas as partes implicadas e interesadas na xestión do lobo, así como a falta dun estudo demográfico sobre a poboación de lobos o suficientemente rigoroso.
  comenta   0