Feijóo e o galego, cuarta e última oportunidade?

A cuarta lexislatura de Feijóo na Xunta non ten trazos de cambiar o modelo lingüístico con respecto o galego. As cuestións relativas ao desenvolvemento educativo e social da lingua parece que ficou en mans de iniciativas persoais ou colectivas fóra de ámbitos oficiais. Que lle poderá suceder ao galego nesta cuarta lexislatura de Feijóo?

Por Moncho Mariño | Santiago de Compostela | 08/09/2020 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

O cuarto executivo presidido por Núñez Feijóo non semella ter entre as súas prioridades a promoción do galego, idioma cooficial segundo o Estatuto de Autonomía en base á Constitución do Estado. As prioridades seguramente sigan indo por unhas políticas máis centradas en manter un statu quo sen desenvolvemento estatutario, políticas sanitarias aínda máis cuestionadas e unha política lingüística apoiada no Decreto do Plurilingüismo que foi criticada e cuestionada polo Consello de Europa en 2019. Haberá cambios nesta cuarta lexislatura de cara a lingua?

Captura pantalla APP Xabarín Club, dous anos sen actualizar para Apple
Captura pantalla APP Xabarín Club, dous anos sen actualizar para Apple

TRAVESÍA POLO DESERTO?

“O Decreto do Plurilingüísmo buscaba eliminar a presenza do galego entre a mocidade” di Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. “Hai exemplos como a imposibilidade agora de baixar a APP de TVG para ver debuxos animados en galego”. A dez anos  de asinar o decreto, descoñécense datos concretos sobre a mellora ou non das competencias lingüísticas en castelán, inglés e galego.

No tocante á APP do Xabarín Club, tentouse baixar a aplicación desde Google Play, onde foi imposible descargala. Ademais, alí onde se encontrou polo menos o logo da APP, Google Play avisaba de perigo en caso de descarga para Android. Doutra parte, en ferramentas Apple, usuarios das mesmas avisaron que a APP en cuestión está sen actualizar desde hai dous anos. Fontes da CRTVG suliñan que no caso de Android hai un problema técnico, pero que para Aple a versión está "completamente actualizada".

Non obstante, o Consello de Europa alertaba da situación “preocupante” do galego logo de tres lexislaturas co PP e Feijóo na Xunta. “Existe unha visión de país incapaz e cunha lingua incapaz desde dentro do goberno galego” sinala Maceira. Desde a Associaçom Galega da Língua (AGAL) Eduardo Maragoto destaca que “os gobernos da Xunta dinstínguense pouco uns dos outros en aspectos fundamentais, pois aínda non puxeron en marcha políticas eficaces para inserir o galego no ámbito lusófono”. A isto súmalle que “tampouco se están posibilitando liñas de inmersión lingüística no ensino”.

Alberto Núñez Feijóo na toma de posesión como presidente na sua cuarta lexislatura
Alberto Núñez Feijóo na toma de posesión como presidente na sua cuarta lexislatura | Fonte: EFE

A referencia que se fai desde a AGAL ao ámbito lusófono apóiase en que durante o mandato Feijóo se aprobou a Lei Paz-Andrade para un achegamento á lusofonía, “mais aínda non vimos moito interese en aplicar a lei e fomentala en favor do galego, esperamos que isto se corrixa nesta lexislatura”.

As visións máis pesimistas apuntan que entre as catro lexislaturas de Fraga Iribarne e agora as catro de Feijóo, estaríanse dando pasos moi acelerados para a eliminación ou polo menos redución a unha presenza testemuñal do galego. “Hai conciencia da situación porque hai xente preocupada por este fenómeno, outra cousa é falar dun idioma que está vivo mais nunha situación de penuria”, analiza Marcos Maceira.

“Estou certo que en Galicia ninguén quere acabar co noso idioma, o que si necesita é de persoas ben formadas para xestionar o bilingüismo e o multilingüismo en beneficio de todos e de todas” apunta Eduardo Maragoto. “Consideramos que moitas desas persoas que xestionarían ben unha situación así, están hoxe dentro do reintegracionismo, só que aínda non houbo políticos que soubesen velo con claridade, só podemos esperar pacientemente”.

DIVISIÓN SOCIAL E LINGÜÍSTICA?

Durante a campaña electoral de 2009 unha das puntas de lanza do PP contra o goberno PSOE-BNG foi precisamente o que denominaron “imposición do galego”. A eles sumáranselles colectivos como Galicia Bilingüe e outros grupos como UPyD en “defensa” do que vían como un atropelo ás persoas castelán falantes en Galicia. Aquilo podía estar evidenciando unha división sociolingüística apoiada por sectores políticos interesados en réditos electorais.

Once anos despois daquelas manifestacións, a representación parlamentaria foi variando ata chegarmos a unha situación semellante á daquelas datas, tres forzas políticas no Parlamento. Esta representación parlamentaria reflicte unha postura social e política contraria ao galego? “Espero que iso non sexa así, a Mesa, xunto con ANPAS e forzas sindicais  temos falado cos tres partidos con representación parlamentaria para mudar o decreto do plurilingüismo” explica Maceira. “Os partidos terán as súas pluralidades internas, mais o que é certo é a maior agresividade desde a Xunta contra o galego na súa historia”.

O caso é que a politización arredor da lingua é un factor que foi usado en ocasións mesmo creando atmosferas pouco propicias para o galego, tal son os casos dalgúns topónimos e a non presenza do galego en determinados sitios web privados, onde si podemos ler en inglés, castelán e mesmo catalán. “Esa división, que vai necesariamente ligada a unha politización da lingua, só se dá en sectores minoritarios da poboación” sinala Eduardo Maragoto.

“O resto da poboación vai abandonando o galego dentro dos medios familiares en que se usaba durante as últimas décadas, mesmo en áreas rurais, o galego vai cedendo espazo ao castelán” analiza o membro da AGAL, que non percibe a existencia dunha división social entre dúas comunidades lingüísticas

A Xunta de Galicia, o goberno que debera protexer e fomentar o uso do galego, ten unha nova lexislatura para realizar tarefas a prol da lingua. En tal caso, as maneiras coas que se actuou durante os últimos anos poden definir as novas políticas lingüísticas do goberno galego de aquí a 2024.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 40 comentarios

10 nostrus

Sentidiño, en toda a historia de Orense hai moitisimo mais tempo sendo oficial Orense que Ourense, polo que si tanto vos esnafrades na cultuta e a identidade deberíades pedir que Orense tamén sexa oficial polo seu arraigo social. Ahi se demostra que o bloque non apoia a cultura, tan só apoia a cultura acorde a súa fe.

9 Xavolve

O nostrus anda doente porque a Cs na Galiza non lle vota nin a súa nai... E VOX: 0 deputados no "parlamentiño"... E o BNG non para de medrar... Ánimo, nostrus, non che queda nada, meu rei... XD

1 nostrus

C´s es un partido que apoya el bilingüismo, la diversidad, el mestizaje y la cultura, mientras que el bloque es un partido parafascista que pretende que los demás sean como ellos quieran que sea y no apoya la cultura, solo apoya la cultura que a ellos le gusta. En cuando al éxito del bloque deberias ser un poco más humilde porque esta secta, a pesar de su antigüedad, siempre ha sido una cosechera de derrotas e incluso apenas consigue representacion en Madrid y en la actualidad vive en un estado de colocon porque nunca la vio tan gorda, pero pronto volverá a la marginalidad como de costumbre.

2 nostrus

Por certo, que saibas que o constitucionalismo en Galicia acada case o 80%, mentras que o anticonstitucionalismo (feixismo incluido) terá que conformarse co resto, mira a canto tocades. Decirche tamén que o feixismo, si existe, hai que buscalo fora do constitucionalismo, xa que dentro é imposible que exista porque ser leal o acordo acadado entre todos non pode ser considerado xamais de feixismo. O feixismo hai que buscalo entre os renega2, os malnaci2, os intolerantes e totalitarios.

3 Inespal

Voxta, ciudagramos e pepepodre son a mesma mer.. cousa. Non sí voxtrus?

8 Martínez El Facha

Apollo a Nostrus y Dani F. N. Todos los toponímicos ovligatorio en español ermoso y bersionados en correcta grafía del hidioma. Egemplos de vuena escritura a seguir: El Roblecito, Puentevedra, Puentearenas, La Carretera, La Calle del Valledeorras, Tomillo, Redondilla, Puertonuevo, Puerto del Sonido, Villardevosotros, Las Ollas, Porquera, Molinos, Celdanueva, Campoterneros, Plantada, Montefuerte, Nogal, Los Pilares, El Tejedal, Triacastilla... Lo dicho, una muestra de total livertaz, grandisima tolerrancia y suprema intilejencia de como deven traducir los topos al español para que los kastellanos se sientan en casa y no causen disturvios bisuales ni otros males las escrituradas en dialectos menores adentro de España.Y arrasada la dibersidá de los montañeses en fabor de Castilla, en la sijiente etapa de projreso planearemos desvastar los montes y acer nuestras posesiones en la rejion noroeste Tierra Llana (por cierto, que vonito queda en requerdo de nuestro hañorado Caudillo).

1 Sentidiño

Apollo XIII?

2 Sentidiño

Martínez, sabe como se di en inglés "margaritas ante porcos"?: Don't feed the troll.

3 Sentidiño

("Trolls" son o noso benquerido nostrus e jey noguerol, of course!).

7 nostrus

Imagináis que el nacionalismo español reclamara la peseta por motivo identitario y maniático?, pues sería de la misma calaña que el nacionalismo gallego. Lo que demuestra también que el nacionalismo español no existe o es más tolerante e inteligente que el nacionalismo gallego

1 Casilda

O NAZIonalismo español es ti!!! Óllase no espello do que comentas!!!

2 Sentidiño

Inteliquééé?

6 Daniel F. Noquerol

La bloqueirada no puede ser más ignorante y aquí tenemos una perfecta descripción de sus deficiencias cognitivas, en más de un caso incurables. Rianxo en castellano es Rianjo, Ourense es Orense, al igual que London en español es Londres, München es Munich, Wien es Viena, o New York es Nueva York. El día en que ellos dejen de traducir los topónimos nos entenderemos.

1 Stark01

o día que tu entres a comentar num medio e comentes na mesma língua dese medio, talvez nos entendamos. Entretanto o único que vas obter de nós e a maior das indeferenzas.

2 Daniel F. Noquerol

Ejemplo de necedad bloqueira. Habla de indiferencia mientras me contesta.

3 Sentidiño

Si que se pode ser máis ignorante, como demostra o teu comentario. Mentres Ekhpania non se independice de nós, a única forma oficial e legal é a galega: Trabzonspor é a forma oficial, Trebisonda a española carpetovetónica, a que usaban os borbóns; Ourense é a única forma oficial, cando vos separedes chamádelle como queirades.