O arzobispo de Santiago comprometido con avances do uso do galego na Igrexa

A máxima autoridade relixiosa da capital galega mantivo un encontro con Queremos Galego.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/11/2024 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

O arcebispo de Santiago, Francisco Xosé Prieto, amosou a súa "preocupación" pola situación do galego tras a publicación do último informe do IGE que constata que, por primeira vez, os castelán falantes son máis numerosos que os galego falantes, así como a perda de falantes sobre todo, entre as novas xeracións.

O arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, con integrantes de Queremos Galego
O arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, con integrantes de Queremos Galego | Fonte: Queremos Galego

Nun encontro mantido este martes con representantes de Queremos Galego, Prieto amosouse "preocupado e consciente" da situación do galego e comprometeuse con accións para un maior uso do galego.

Queremos Galego informoulle das accións  accións de Queremos Galego para o 17 de novembro no que convocou un gran acto baixo o lema "Mudemos o rumbo". O arcebispo maniféstoulle a esta entidade a súa vontade e compromiso de que se produzan avances concretos no uso e extensión do galego na igrexa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta