Temas: FRASEOLOXíA

“Cadrar # Vir ó tal” ou “vir coma o pez á bota # coma a sopa no mel”, algunhas das equivalencias do cast. “venir como anillo al dedo” (2ª parte)

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 21/09/2025 | Actualizada ás 15:02

Comparte esta noticia

Dámoslle cabo, daquela, ó artigo principiado na pasada entrega, no que abordamos xeitos de dicir galegos que veñen a equivaler ó fraseoloxismo castelán venir como anillo al dedo:

Peixe porco
Peixe porco | Fonte: Xunta - Arquivo

Venir algo como anillo al dedo a alguien

{= Virlle algo moi ben a algunha persoa, resultándolle moi oportuno e/ou dun xeito moi adecuado.}

Cadrarlle # Virlle ó tal

Cadrarlle # Virlle # Caerlle coma o pez á bota # coma o pez na bota # coma o pez en bota

Cadrarlle # Virlle # Caerlle coma a sopa no mel

Cadrarlle # Virlle # Caerlle coma o mel ás papas # coma o mel nas papas

[E MAIS]:

Cadrarlle # Virlle # Caerlle coma o unto ás/nas verzas

Cadrarlle # Virlle # Caerlle coma o unto ó/no caldo

Ex.: Con los apuros económicos que estaba pasando, ese premio del Euromillón le vino como anillo al dedo.

Cos apertos económicos que estaba a pasar, ese premio do Euromillón cadroulle/veulle ó tal cadroulle/veulle/caeulle coma o pez á/na/en bota cadroulle/veulle/caeulle coma o mel ás/nas papas cadroulle/veulle/caeulle coma o unto ás verzas cadroulle/veulle/caeulle coma o unto ó caldo.

● Tamén:

Venir # Caer como pedrada en ojo de boticario

Cadrarlle # Virlle # Caerlle coma embude na boca do xerro && Cadrarlle # Caerlle # Virlle coma pera madura (na boca dun larpeiro) && Cadrarlle # Caerlle # Virlle coma a sopa no leite

Ex.: Con los apuros económicos que estaba pasando, ese premio del Euromillón le cayó como pedrada en ojo de boticario.

Cos apertos económicos que estaba a pasar, ese premio do Euromillón cadroulle como embude na boca do xerro veulle coma pera madura caeulle coma pera madura (na boca dun larpeiro) caeulle coma a sopa no leite.

● Tamén, botando man de secuencias encarecedoras de uso máis xeral, normalmente asociadas a contextos de uso familiares e coloquiais:

Venirle que te cagas && Venirle de puta madre && [E MAIS]: Venirle que no veas

Cadrarlle # Virlle # Caerlle que nin Deus # que nin a virxe # que nin os santos # que nin diola # que nin os cans && Cadrarlle # Virlle de puta madre && Cadrarlle # Virlle de pinga && Cadrarlle # Virlle de pingas && [E MAIS, POSIBLEMENTE (ó igual ca “de puta madre”) POR INFLUENCIA CASTELÁ]: Cadrarlle # Virlle # Caerlle que non vexas

Ex.: Cos apertos económicos que estaba a pasar, ese premio do Euromillón cadroulle que nin Deus veulle que nin a virxe caeulle que nin os santos veulle que nin diola cadroulle de puta madre caeulle de pinga(s).

● E mais tamén, igualmente en contextos de uso familiares e coloquiais:

Virlle coma á burra os peidos

● Tamén, en contextos:

Venirle como caído del cielo # bajado del cielo # llovido del cielo

Virlle como caído do ceo # baixado do ceo

● Tamén, en contextos:

Cadrarlle # Virlle coma o zapato de san Nicolao && Chegarlle en tempo, coma o zapato de san Nicolao

● Tamén, só nalgúns contextos, e case sempre seguida da preposición “para” indicando que algo ou alguén é xustamente o que facía falta para conseguir aquilo que se desexaba ou procuraba:

Ser a conta (xusta)

Ex.: Esa quiniela de catorce le vino como anillo al dedo para poder arreglar cuentas con el banco.

Esa quiniela de catorce foille a conta xusta para poder amañar contas co banco.

● E inda tamén, botando man de voces léxicas, e máis ou menos axeitadas en función de cada contexto:

Venirle genial # bien # fantástico # estupendo # excelente # extraordinario # maravilloso # bárbaro # fabuloso # magnífico && [E INDA, ASOCIADAS A CONTEXTOS DE USO FAMILIARES E COLOQUIAIS]: Venirle cojonudo

Virlle xenial # ben # fantástico # estupendo # excelente # extraordinario # marabilloso # bárbaro # fabuloso # magnífico && [E INDA, ASOCIADAS A CONTEXTOS DE USO FAMILIARES E COLOQUIAIS]: Virlle caralludo # vergalludo

NOTAS:

1. Parece claro que a voz diola, que aparece na secuencia encarecedora ou ponderativa que nin diola, ten a súa base no castelán Dios, mais neste caso, e seguindo o criterio xa empregado noutras ocasións con palabras de orixe castelá que acaban acadando entidade ou substantividade propia e diferenciada en galego [coma por exemplo, e entre outras, achuela (=cast. destornillador), perrera (=cast. flequillo) ou cachondo (co sgdo. de “sexualmente atractivo ou apetecible”), tal e como se comenta no artigo cada moucho ó seu souto], considerámolas como constituíntes do acervo lingüístico galego e, polo tanto, empregámolas na práctica como parte integrante del.

2. Polo que atinxe ó fraseoloxismo virlle coma á burra os peidos, a orixe xustificativa da mesma, tal e como se explica na fonte da que se recolleu, está clara: “os peidos alivian a burra” (xa que logo, vénlle moi ben, ou resúltalle moi axeitado, botalos).

3. En relación cos fraseoloxismos relacionados co zapato de san Nicolao, copiamos a seguir a explicación literal que se fornece Dicionario dos nomes galegos ó respecto da secuencia chegar en tempo, coma o zapato de san Nicolao:

«Caer oportuno un dito ou un feito. Alude ó que se conta na vida de san Nicolao de Mira, que, vendo que un pai quería prostituí-las súas tres fillas, el meteulle nun saco tres zapatos con moedas de ouro, co que o pai casounas ben e aínda tivo para vivir sen depender dos xenros».

4. Polo que respecta ás secuencias ser a conta ou ser a conta xusta (que en non poucas ocasións van precedidas ou introducidas polo adverbio xa) cómpre dicir que, en función dos contextos, tanto poden facer referencia a algo que se ten por positivo coma a algo que se ten por negativo. Vexámolo cuns exemplos:

● Con sentido positivo (grosso modo, dando a entender habitualmente algo así como “perfecto” ou mesmo coma o fraseoloxismo castelán miel sobre hojuelas):

Ex.: Pues si ahora nos dejasen entrar gratis en la discoteca, perfecto miel sobre hojuelas.

Pois se agora nos deixaran entrar de balde na discoteca, xa era a conta (xusta).

Ex.: El Madrid y el Barça perdieron. Pues si ahora el Dépor y Celta ganasen, perfecto cojonudo miel sobre hojuelas.

O Madrid e mais o Barça perderon perdeu. Pois se agora o Dépor e Celta gañasen, (xa) era a conta (xusta).

● Con sentido negativo (moitas veces como equivalente, grosso modo, ó fraseoloxismo castelán ser la gota que colma el vaso):

Ex.: ¡¿Cómo?! ¡¿Que te ha puesto la mano encima?! ¡Esto ya es la gota que colma el vaso! ¡Ahora sí que va a ver ese cabrón lo que vale un peine!

¡¿O que?! ¡¿Que che puxo a man enriba?! ¡Isto xa che é a conta (xusta)! ¡Agora si que vai saber ese cabrón como pelan as papas!

5. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes, ou inspiradas nelas (xuntamos tanto as desta entrega coma as da seguinte):

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Cuns Lousa, Xulio: “Rabusco”. En Anuario Brigantino, 12, 1989, páxs. 259-287.

- Ferro Ruibal, Xesús (dir.): Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo Edicións, Vigo, 1992.

- Ferro Ruibal, Xesús: “Locucións e fórmulas comparativas ou elativas galegas”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 8, 2006, páxs. 179-264. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- González Guerra, Anxo: “Fraseoloxía e paremioloxía de Pilar Guerra (Trasar, Carballedo, Lugo)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 12, 2010, pp. 289-315.

- Graña Núñez, Xosé: Vacilacións, interferencias e outros “pecados” da lingua galega. Ir Indo Edicións, Vigo, 1993.

- Guerra Otero, Pilar: Así falan en Trasar (1 e 2).

- Martíns [antes, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “Hai cousas que parecen lousas. Unha nova achega á fraseoloxía do Cachafeiro”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 18, 2016, páxs. 211-247. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Santamarina, Antón (dir.) / Ernesto González Seoane / María Álvarez de la Granja: Tesouro informatizado da lingua galega (TILG). (Versión 4.1). Santiago de Compostela. Instituto da Lingua Galega.

- Sobreira Salgado, Juan: Material lexicográfico elaborado entre 1787 e 1805. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Valladares Núñez, Marcial: Diccionario Gallego-castellano publicado en 1884 por D. M. Valladares Núñez. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Vázquez Saco, Francisco: Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 5, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Ventín Durán, José Augusto: “Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, anexo 1, 2007.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta