Os traballadores da UTE Tecman-Electrorayma reclaman o seu dereito á subrogación en Navantia

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2020 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

Os traballadores da Unión Temporal de Empresas (UTE) Tecman-Electrorayma, encargada do mantemento nos dous estaleiros de Navantia na ría de Ferrol, reclamaron que se manteña o seu dereito á subrogación no curso que a empresa naval publica ten previsto convocar ao longo de setembro para este servizo.

Así o trasladou en rolda de prensa en Ferrol, un dos integrantes da executiva de CIG-Industria, Serxio Martínez, na que estivo acompañado polos delegados da empresa. "Estamos aquí para esixirlle a Navantia que recolla nos pregos de contratación a totalidade dos traballadores que a día de hoxe están a prestar servizos na UTE Tecman-Electrorayma, xa que este persoal ten o dereito de subrogación, tal e como veñen recollido no convenio de aplicación".

Actualmente son 57 os traballadores desta UTE, e "este persoal xa foi subrogada no seu día", polo que Martínez reclama "que se cumpra coa lexislación" e se acometa esta medida para todos estes empregados.

O sindicalista asegurou que o xerente da UTE comunicou meses atrás a Navantia a súa decisión de non continuar co contrato ao cumprirse os dous anos, a pesar de tiña unha vixencia de catro.

Segundo prevén, o novo contrato "vai saír a concurso dividido en varios paquetes", como se fixo co actual" e Martínez incidiu que o empresario tentara prescindir hai meses de nove traballadores, pero que "a firme resposta dos seus compañeiros, mantendo unha folga indefinida durante moitos días, fixo ao empresario desistir".

Os traballadores da UTE Tecman-Electrorayma reclaman o seu dereito a ser subrogados
Os traballadores da UTE Tecman-Electrorayma reclaman o seu dereito a ser subrogados | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta