"Decántome polo ben público e non por satisfaccións privadas"

Xesús Alonso Montero di que a súa lista á RAG é para "mellorar" a xestión da Executiva anterior e aposta por unha candidatura consensuada coa de González pero na que a Presidencia "é irrenunciable".

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 01/04/2013 | Actualizada ás 15:08

Comparte esta noticia

"Mellorar a xestión" da anterior Executiva presidida por Xosé Luís Méndez Ferrín é un dos obxectivos do escritor Xesús Alonso Montero que este luns formalizou a súa candidatura para presidir a Real Academia Galega (RAG). Con todo, o académico insistiu en que o seu obxectivo é chegar a unha lista de conseno co seu rival, o actual tesoureiro en funcións e tamén académico, Manuel González. 

Alonso Montero
Alonso Montero | Fonte: UNED

Montero explicou que tomou a decisión de presentarse tras escoitar "a voz do ben público", en alusión á outros académicos. "Decanteime polo ben público e non pola satisfacción privada", sinalou. En todo caso, quixo aclarar que as loitas internas na Academia, que desembocaron na dimisión de Méndez Ferrín, "non teñen nada que ver co diñeiro".

"Os académicos non temos un salario complementario. O que imos ter é moito traballo", dixo en referencia a se sae gañador a súa lista. Se non é así, indicou que el e o seu equipo estarán "ao servizo non de Manuel González, senón da Academia", institución da que subliñou a súa función para "codificar" o idioma e para preservar "o tesouro bibliográfico" do que dispón. 

"Non é a nosa culpa"

Montero estivo acompañado, entre outros académicos, por Rosario Álvarez, -unha das dúas persoas que Montero confirmou xa que formará parte do seu equipo directivo, xunto ao teólogo Andrés Torres Queiruga. E insistiu en que se non existe unha candidatura de consenso "non é pola nosa culpa".

Respecto diso, incidiu en que a candidatura de Manuel González "presentouse pronto e a posibilidade de facer un consenso amplo foi xa imposible", recalcou. A pesar diso, considerou  factible establecer "un consenso parcial" coa inclusión de dous membros da outra candidatura no seu equipo directivo, aínda que precisou que a presidencia "non é negociable".

Sobre a ausencia dunha candidatura única, manifestou que, tras a dimisión do expresidente Xosé Luís Méndez Ferrín, el e outros académicos que o apoian -entre eles os catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela (USC)  Margarita Ledo e Henrique Monteagudo- esperaban que houbese unha reunión dos académicos para encarar "a nova etapa". Con todo, insistiu en que o anuncio de Manuel González de presentar a súa candidatura fixo "imposible" un acordo. 

Fusión

Montero descartou a fusión da RAG con outros organismos. "Que haxa coordinación, non implica que vaia a haber unha especie de fusión", sentenciou Montero, quen defendeu tamén a "independencia" desta institución fronte a outras institucións.

En canto á data do pleno no que se elixirá ao novo presidente da RAG, Montero lembrou que esta cuestión corresponde ao equipo directivo en funcións, pero non descartou que poida celebrarse "antes de oito ou dez días".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

2 Moinante

Nom acudo muito a ler os comentários, mas o de SantiBurri...é a mostra mais grosseira da provocaçom e da parvoíce. É um vexame escrevido por um analfabeto cheio de auto-ódio.

1 Arquiveiro

Moinante, os comentarios de SantiBurrínguez só provocan os que se deixan provocar, para os demáis só son parvadas de alguén con moito tempo libre que quere chamar a atención coma un rapaz. Saudos

2 SantiBurrínguez

Un respeto, Moinante, que eu son licenciado en burroloxía, cousa que non é calquera y, bueno, vou a decirche unha cousa, chaval, eu todavía recordo todos esos anos en que estaba o vello de Beiras de líder de o BNG y aquelo era un desastre, en cambio desde que chegou o meu amigo Quin ata o momento o BNG sube como a espuma en cada convocatoria electoral que hai, así que cala a boca y aplaude, que é o que tes que facer, que pareces un terrorista. Este verán creo que en Vigo vamos a ter as mellores festas da historia si o alcalde me fai caso a min, que lle vou a pedir que traiga a Castrelos a Farruquito, a los Chunguitos y a Bisbal. ¿Cómo se che queda o body, chaval? Y ti, Arquiveiro, vai ao carallo, que eu non falo cos enemigos do BNG.

1 SantiBurrínguez

Eu me postulo como candidato a presidente da RAG para sustituir ao comunista Ferrín. ¿Quen mellor que eu? Os meus coñecementos de a nosa lingua son vastos y bastos. Recórdovos que eu fun profesor de galego en un colexio de Vigo, eu teño pedida hai tempo unha cátedra de castrapo para a universidade de Vigo, son máis modelno que ninguén, teño unha amplia labor de traballo en o concello de Vigo como líder local do BNG elexido democráticamente polos meus compañeiros, cousa que seguirei sendo mentras os eles sigan sendo fieles ao Albariño y demais viños galegos.

1 SantiBurrínguez

Bueno, pois agora vo a poñervos unha mostra do meu dominio do galego traducindo unas frases: LES VOY A HACER UNA INVITACIÓN = lles vo a facer unha invitación; ¿AÚN NO LO SABES? = ¿todavía non o sabes?; ESTOS NIÑOS TODAVÍA NO LLEGAN = estos nenos todavía non chegan; ME DUELE UNA RODILLA Y UN TOBILLO = me doe unha rodilla y un tobillo; VAMOS A FREÍR UN HUEVO EN UNA SARTÉN = vamos a freír un ovo nunha sartén; ABRE LA VENTANA = abre a ventana; VA A AYUDARTE A ABRIR LA VENTANILLA = te vai a axudar a abrir a ventanilla. Bueno, y cousas polo estilo, ¿a que domino o galego?

2 Xistral

En todo caso o comunistas Ferrín de AGE foi traicioado e o seu posto vai ser ocupado por outro comunista tamén de AGE que é Alonso Montero así que todo queda na casa.

3 SantiBurrínguez

Xistral, eu xa deixei moi clariño antes que quero ser presidente da RAG, polos méritos que teño y que tes aí dito nos meus mensaxes. ¿Todavía o queres máis claro? ¿Vo a ter que repetilo? En canto a esos comunistas que ti dis son os dous, Ferrín y Alonso Montero, non son iguais porque Alonso Montero non é extremista nin separatista como Ferrín, y ademáis ten un fillo que canta moi ben flamenco y xa cantou fai anos o himno galego a ritmo flamenco, que non sabes o que mola. Hai que modernizarse, chaval!

4 Hermerico

Alonso Montero tem mais eivas que nom pretender ser "separatista" nem "extremista", como o senhor Ñ. Também tem um domínio do castrapo como o que mostras lá cima