A Xunta defende a súa actuación nos centros de maiores: "foi un exemplo para o resto de autonomías"

Fabiola García anuncia "un novo modelo de residencias" e di que xa hai "distintas propostas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2020 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social, Fabiola García, asegurou que o seu departamento e o de Sanidade traballan xa na conformación dun "novo modelo de residencias" derivado das carencias detectadas pola pandemia de COVID-19 e defendeu a "rapidez" coa que se actuou á hora de intervir algúns centros.

A preguntas dos medios de comunicación nunha rolda de prensa en Santiago, a conselleira lembrou que "absolutamente todas" as residencias galegas contan a día de hoxe cun protocolo de actuación elaborado polo comité clínico e están "moito máis preparadas" que hai uns meses para "afrontar a entrada da COVID".

Así, e aínda que a situación complicouse en centros como o do Incio ou o de Outeiro de Rei, ambos en Lugo, Fabiola García puxo de relevancia que "o 99% das residencias de Galicia non contan con ningún caso positivo nin de residentes nin de traballadores".

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado pola conselleira de Política Social, Fabiola García. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado pola conselleira de Política Social, Fabiola García. XUNTA

"NOVO MODELO"

García recoñeceu que a crise do coronavirus levou a "repensar un novo modelo de residencias", no que xa traballan as consellerías de Sanidade e Política Social, avanzou. Este modelo "debe ser pensado con tempo suficiente" e "dialogado co sector residencial" para "valorar a súa aplicación dun modo máis ou menos inmediato unha vez estea terminado".

No entanto, a conselleira non quixo detallar en que podería consistir este novo modelo. "Están sobre a mesa distintas propostas que estamos nestes momentos valorando para mellorar o funcionamento do sistema residencial de Galicia", dixo.

Así mesmo, defendeu o sistema de intervención en residencias que ten a Xunta e no que se seguirá. "Galicia foi unha das primeiras comunidades que interviñeron residencias", dixo Fabiola García, unha intervención que descartou que se faga de forma indiscriminada, se non só nos casos "nos que o recomenda a autoridade sanitaria".

Neste sentido, a conselleira dixo que "a Xunta tomou as decisións con total rapidez en todas as residencias" e interviñéronse "independentemente de cal fose a súa titularidade". "O noso deber é velar pola seguridade e saúde dos residentes", resolveu.

GALICIA, "UN EXEMPLO"

"Galicia foi un exemplo a seguir polo resto das comunidades autónomas dando aos medios de comunicación diariamente de toda a información da que dispomos", dixo a conselleira, que reclamou ao Goberno central que "publique os datos da pandemia" en relación ás residencias, tanto a nivel estatal como de todas as comunidades.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta