Temas: OURENSE CINE

O Festival de Cine de Ourense homenaxeará a José Luís Cuerda, que será fillo adoptivo da provincia

"É un xusto recoñecemento, que ten a súa razón de ser na gran vinculación que o director tiña co festival e coa provincia de Ourense", en palabras de Manuel Baltar.

Por E.P. | Ourense | 15/09/2020 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia

O director José Luís Cuerda, falecido o pasado mes de febreiro, será homenaxeado no 25 aniversario do Festival de Cine de Ourense (OUFF), "un xusto recoñecemento, que ten a súa razón de ser na gran vinculación que o director tiña co festival e coa provincia de Ourense", en palabras do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, que visitou xunto coa filla do cineasta a súa casa ourensá "no corazón do Ribeiro".

O presidente da deputación de Ourense, Manuel Baltar, visita a casa de José Luís Cuerda en Ourense
O presidente da deputación de Ourense, Manuel Baltar, visita a casa de José Luís Cuerda en Ourense | Fonte: Europa Press

No encontro, Baltar tamén informou a Elena Cuerda da tramitación do expediente para o nomeamento de José Luís Corda como Fillo Adoptivo da provincia, así como dos prazos "para que este recoñecemento sexa aprobado pola corporación provincial e se proceda á súa entrega nun acto solemne".

"Cuerda é Ourense, e Ourense é Cuerda, nunha relación que se axiganta co protagonismo nesta edición do Festival de Cinema e, sobre todo, con ese futuro nomeamento como fillo adoptivo da nosa provincia", resumiu Baltar

Precisamente, unha das actividades enmarcada na homenaxe do OUFF a Cuerda será a proxección das súas películas máis ourensás do cineasta: 'La lengua de las mariposas' e 'Los girasoles ciegos'.

Temas: OURENSE CINE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta