Traballadores de Top Wash protestan ante Inditex para esixir a readmisión de oito compañeiros

Responsabilizan á compañía téxtil de "consentir este ERE encuberto".

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 15/09/2020 | Actualizada ás 19:40

Comparte esta noticia

Persoal de Top Wash, contrata de Inditex, mobilizouse para esixir a readmisión de oito compañeiros despedidos nas últimas semanas, segundo informa a CIG. A protesta, que se repetirá o venres día 18, iniciouse cunha concentración diante das instalacións da empresa no polígono de Sabón, en Arteixo, á que seguiu unha pequena marcha a pé ata a sede da Fundación Inditex, onde se desenvolveu outra concentración.

Traballadores de Top Wash concéntranse polo despedimento de oito compañeiros
Traballadores de Top Wash concéntranse polo despedimento de oito compañeiros | Fonte: CIG.

Desde o comité, con maioría da CIG, responsabilizan á compañía téxtil de "consentir este ERE encuberto" en Top Wash, "que traballa en exclusiva para Inditex e aproveitarse da emerxencia sanitaria para abaratar custos e profundar na política de deslocalizacións".

A CIG afirma que este persoal "non debería estar externalizado, senón que tería formar parte do persoal principal porque fai labores imprescindibles para a actividade de Inditex como é a tinturaría industrial, o acabado das pezas, lavado ou funcións de laboratorio para probas de novos modelos e tinturas".

O persoal de Top Wash estivo en ERTE durante tres meses debido á COVID-19, "pero agora a empresa, que vai recuperando a actividade, aproveita para executar este oito despedimentos alegando causas obxectivas que non existen".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta