Denuncian o "colapso" en urxencias do Hospital da Coruña mentres que a dirección o nega

Tamén aseguran que hai "unidades pechadas" no hospital, unha situación que, engade, a xerencia vincula "á falta de profesionais que impide a apertura das mesmas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2020 | Actualizada ás 18:45

Comparte esta noticia

A Comisión de Centro de Atención Hospitalaria do Hospital Universitario da Coruña denunciou unha situación de "colapso" no servizo de urxencias, que desde a dirección negan.

Nun comunicado, a Comisión de Centro afirma que os pacientes "volven estar en urxencias nos corredores á espera de cama". "A esta situación dramática, súmase a falta de profesionais en toda a área sanitaria".

"As listas de contratación están esgotadas e  profesionais da área están a traballar cubrindo ausencias nas súas libranzas e asumindo quendas de traballo con menos persoal".

Tamén aseguran que hai "unidades pechadas" no hospital, unha situación que, engade, a xerencia vincula "á falta de profesionais que impide a apertura das mesmas". Desta situación, a Comisión de Centro culpa "a anos e anos de recortes de persoal, de contratación precaria e agora a pandemia".

RESPOSTA DA XERENCIA

Neste contexto, esixe á xerencia unha solución "inmediata". Esta, pola súa banda, nega que haxa "ningunha unidade de hospitalización pechada neste momento". Si precisa que "a actividade do servizo de urxencias aumentou lixeiramente na última semana".

"Pero, aínda así, as atencións diarias están bastante por baixo da media anual, que é de 360", engade. Na mesma liña, sostén que "para manter a calidade asistencial" aplícase, desde o principio da pandemia, "o dobre circuíto en urxencias". "Un para pacientes Covid e outros para pacientes non Covid", lembra.

Hospital da Coruña. EUROPA PRESS - Arquivo
Hospital da Coruña. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta