Investigado un septuaxenario por un incendio que queimou case 50 hectáreas en Laza

O lume tivo luar o pasado 12 de setembro en Camba.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 17/09/2020 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Verín tomou declaración a un septuaxenario en calidade de investigado por un incendio forestal rexistrado no municipio de Laza.

Segundo informou o Instituto Armado, tomou declaración en calidade de investigado a A.T.R., de 79 anos e veciño de Ourense, como investigado como presunto autor dun delito de incendio forestal ocorrido o pasado día 12 de setembro en Camba, no municipio de Laza.

Neste lume resultaron afectadas 49 hectáreas de monte raso e na súa extinción participaron seis axentes forestais, 18 brigadas da Xunta, catro vehículos motobomba, unha pa, dous avións de carga en terra, efectivos de Garda Civil e veciños do lugar.

As dilixencias instruídas en relación con estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución Número 1 de Verín.

Chegada da Brif Laza ao incendio de Pradorramisquedo, Viana Do Bolo (Ourense)
Chegada da Brif Laza ao incendio de Pradorramisquedo, Viana Do Bolo (Ourense) | Fonte: Brif Laza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta