Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/09/2020 | Actualizada ás 18:53
O Goberno de Ceuta que preside Juan Vivas (PP) solicitou ao Concello da Coruña a "cesión" da estatua do fundador da Lexión, José Millán-Astray, que foi retirada en 2010 polo Consistorio galego da praza do mesmo nome [rebautizada en 2015 como das Atochas] en aplicación da Lei da Memoria Histórica.
O portavoz do Executivo local, Alberto Gaitán, explicou este venres que esa é unha das iniciativas que se adoptaron para "dar realce" á conmemoración do centenario da fundación da forza militar, que se celebrará este domingo, 20 de setembro, aínda que os seus actos principais tiveron que ser aprazados pola pandemia do coronavirus.
Gaitán non concretou que uso pretende darlle a Cidade Autónoma á efixie do golpista e avanzou que se acordaría "coa Comandancia Xeral de Ceuta".
Esta semana instaláronse bandeirolas e carteis co lema 'Ceuta e A Lexión, cen anos de unión' no Palacio autonómico, o Conxunto Monumental das Murallas Reais e o Auditorio do Revellín. Ademais, este sábado instalarase unha placa no centro da cidade autónoma, onde estaba o Cuartel do Rei no que en 1920 alistouse o primeiro lexionario.
Por riba, a melodía de 'O Noivo da Morte' acompañará este fin de semana cada hora o son das campás do reloxo da sede da Administración autonómica.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.