O Parlamento galego mantén os salarios e os deputados percibirán case 5.000 euros ao mes este 2020

O presidente cobra máis de 9.000 euros e os membros da mesa case 8.000. Ademais, os grupos manterán as súas subvencións. Así, o PPdeG cobrará, en total e cos seus 42 deputados, 447.119,06 euros; o BNG (19 deputados), 244.040,56 euros; e o PSdeG (14 deputados), 199.893,06 euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2020 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

Cos primeiros compases da lexislatura, e o hemiciclo e as comisións constituídas, o Parlamento galego arrincou este mes de setembro o curso político as sesións de debate e acollerá a próxima semana o primeiro pleno ordinario, coa crise do covid-19 e a 'volta ao cole' como protagonistas.

Unha das decisións que veñen de adoptar para o funcionamento da actividade é o réxime retributivo para as súas señorías, que se mantén este ano no mesmo nivel desde xullo de 2019, e as subvencións para os grupos, que sumarán 891.052,68 euros ata final de ano. Nos primeiros sete meses, o Parlamento abonou 1,5 millóns.

A Mesa da Cámara galega na súa sesión do 17 de agosto, segundo fontes parlamentarias confirmaron a Europa Press, ratificou as contías para cada un dos grupos, dous menos con respecto a como terminou o mandato anterior. Mantéñense as cifras das subvencións fixas, finalistas e variable, pero prodúcese un aforro duns 31.000 euros ao mes se se compara con finais da X Lexislatura. Un aforro que ten que ver coa desaparición dos dous grupos da cámara.

Dito doutra maneira, a subvención variable (1.837,01 euros ao mes e por deputado) supón a mesma carga orzamentaria para o Parlamento todos os meses de 2020, pero a Cámara deixou de pagar desde o 7 de agosto a contía finalista e a fixa a dous grupos da Cámara porque deixaron de existir. Hai que matizar, con todo, que o Mixto percibía unhas contías algo máis baixas que os demais grupos (na finalista e fixa), uns 3.400 euros menos en total durante ow sete primeiros meses do ano.

O Parlamento autonómico paga ao mes 9.971,79 euros a cada grupo de forma fixa; 1.837,01 euros por cada deputado, ao mes; e 5.898,56 euros ao mes a cada grupo en concepto de subvención finalista --para contratos de persoal, por exemplo--. Desde o 7 de agosto ata que termine 2020, o PPdeG cobrará, en total e cos seus 42 deputados, 447.119,06 euros; o BNG (19 deputados), 244.040,56 euros; e o PSdeG (14 deputados), 199.893,06 euros, tal e como figura na táboa da web de Transparencia, recollida por Europa Press, xa actualizada.

SOLDOS DOS DEPUTADOS

Pola súa banda, o réxime económico vixente para este ano 2020 (haberá que esperar para saber se se modifican as contías para o 21) é o mesmo que se actualizou o 1 de xullo de 2019, segundo ratificaron as mesmas fontes parlamentarias a Europa Press e tal e como está publicado na páxina de Transparencia.

Todos os deputados cobran unha asignación fixa de 2.067,13 euros mensuais, aos que hai que sumar 2.587,39 euros en concepto de dietas (gastos de aloxamento e manutención). Ambas suman un ingreso fixo mensual de 4.654,52 euros.

En todo caso, como mínimo, todos cobran outros 298,87 euros --se teñen dedicación exclusiva no Parlamento) en concepto de gastos de representación. Tamén se lles abonan os desprazamentos en misión oficial --no caso de que os haxa-- e cóbrense os gastos de locomoción --xa sexa de transporte nun medio público ou quilometraxe desde o domicilio que se declara ao comezo da lexislatura a razón de 0,19 euros por quilómetro--. Si ou si, abónaselles o custo de catro desprazamentos para as reunións do grupo parlamentario cada mes.

Á marxe destas percepcións salariais ou de dietas, os deputados teñen distintos complementos polo desempeño das súas funcións, as cales, en todo caso, son incompatibles entre si. É dicir, se un parlamentario é presidente dunha comisión e vicepresidente doutro, só cobrará un dos complementos polo desempeño da responsabilidade.

Neste caso, o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, percibe un complemento de 1.558,51 euros ao mes por ser membro da Mesa --o cal tamén reciben os outros dous vicepresidentes, a secretaria e a vicesecretaria----; 1.878,02 por gastos de representación e 964,39 por gastos de libre disposición. No caso dos outros catro membros da mesa son complementos de 1.165,06 e 511,40 polos mencionados conceptos, respectivamente.

Desta forma, as percepcións do presidente do Parlamento ascenden a 9.055,44 --á marxe doutra calquera indemnización por locomoción--, que por 12 mensualidades totaliza 108.665,28 euros. No caso dos demais membros da mesa, suman 7.889,49 euros mensuais --94.673,88 en 12 meses--.

Os portavoces dos grupos perciben 580,65 euros por representación e 389,64 por gastos de libre disposición que se suman ao 'soldo base'; mentres que os viceportavoces teñen un complemento de 496,15 euros, a mesma contía que reciben os presidentes de comisións. Finalmente, os demais cargos dunha comisión reciben 298,87 euros de complemento.

COMISIÓN ESTATUTO

Á marxe desta cuestión, os parlamentarios teñen a obrigación de presentar a declaración de bens ao comezo da lexislatura como parte das súas credenciais. Esta actuación que agora é pública e se recolle na web de Transparencia é a que se aborda na Comisión do Estatuto do Deputado.

Sesión de investidura de Feijóo
Sesión de investidura de Feijóo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 miñoca

Vivan os nacionalistas do BNG e os sociañistas españoles.Olé y Olé

1 miño

Parese que ningún deles te quixo levar nas súas listas, síntocho. Ti sighe probando que malo será, juajua.

2 Amancio

Disque os do PP, moitos deles contrastadas luminarias, non cobran.

2 Bismutiño

E ninguén protesta

1 Gamela

Eles cobran e nós non podemos pedir siquera unha Renda Básicia Universal ? Nin siquera o BNG https://twitter.com/00Gamela/status... Non creo que con eses emolumentos teñan dificultades os vindeiros catro anos !