Traballadores das fábricas de Cee e Dumbría concéntranse nas centrais do Ézaro para esixir a retirada do ERTE

Por E.P. | Santiago de Compostela | 24/09/2020 | Actualizada ás 19:59

Comparte esta noticia

Traballadores de Xeal (antes Ferroatlántica) concentráronse ante as centrais do Ézaro para esixir un plan de viabilidade e a retirada do expediente de regulación de emprego temporal (ERTE).

É a terceira protesta que realizan esta semana polo ERTE que entra en vigor este xoves e que afectará a todo o persoal (excepto á que traballa nas centrais hidroeléctricas) en quendas rotatorias e nunha media do 35% da xornada laboral.

Os portavoces sindicais critican que este ERTE foi negociado con outra representación dos traballadores e sendo as plantas propiedade de Ferroatlántica.

Concentración de traballadores de Xeal
Concentración de traballadores de Xeal | Fonte: Remitida.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta