Quintana, sobre a publicación do proxecto de dragado da ría do Burgo: "Espero que esta sexa a definitiva"

"O Goberno central dicía que o que lle faltaba era unha certificación da Consellería do Mar, para poder licitar as obras, e agora queda acreditado que non era así", di a titular do departamento da Xunta.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 28/09/2020 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, referiuse a a publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) o proxecto definitivo para o dragado da ría do Burgo, que conta cun orzamento de case 50 millóns de euros e un prazo de execución de 26 meses, para ironizar con que espera en que esta "sexa a definitiva", e que o proceso saia adiante.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, en Vigo
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, en Vigo | Fonte: Xunta.

"A principios de marzo o Goberno central dicía que o que lle faltaba era unha certificación da Consellería do Mar, para poder licitar as obras, e agora queda acreditado que non era así, xa que aínda non tiñan aprobado de maneira definitiva o proxecto, que fixeron a semana pasada, e agora entendo que teñen todo o posible para licitar a obra dunha vez para desta forma cumprir cos requisitos que tiñamos establecidos coa Unión Europea (UE)".

Durante esta visita, Rosa Quintana tamén se referiu ás protestas que protagonizaron nas últimas semanas os mariscadores das confrarías de Ferrol, Barallobre, e Mugardos, pola falta de ameixa e a achega de solucións.

A integrante do Goberno da Xunta detallou que manteñen "reunións de maneira constante" cos representantes destes mariscadores e que cumpriron "con todo" o comprometido.

Quintana detallou que desde o seu departamento tamén se puxeron en contacto coa Estación de Bioloxía Mariña da Graña, en Ferrol, dependente da Universidade de Santiago (USC), para ver se é posible dentro das súas competencias abordar algún tipo de estudo e dar máis luz sobre o problema que poida estar a suceder na ría, debido á presenza do parásito "perkinsus", e que está xerado unha gran mortaldade das diferentes variedades de ameixa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta