Santiago acollerá un "círculo de silencio" polos refuxiados que morren no Mediterráneo

O obxectivo é denunciar que "non se avanzou nada" na política migratoria da UE e o Estado.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2020 | Actualizada ás 09:30

Comparte esta noticia

Santiago de Compostela acollerá un "círculo de silencio" na honra dos refuxiados falecidos no Mediterráneo cando tentaban chegar a Europa. A concentración terá lugar este xoves 1 ás 20:00 na Praza de Cervantes. O obxectivo, á marxe da lembranza das mortes, é amosar un rexeitamente frontal á política migratoria da Unión Europea e o Estado Español.

Manifestación en Santiago en apoio aos refuxiados
Manifestación en Santiago en apoio aos refuxiados | Fonte: Europa Press.

O compoñente de denuncia chega porque, segundo a Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, "non avanzamos nada" en materia de política migratoria. Segundo destaca a plataforma convocante nun comunicato, na actualidade está a ter lugar unha nova crise humanitaria na Illa de Lesbos que se está a cobrar múltiples vidas "sen intervención algunha" da UE.

TODOS OS MESES

"Seguimos recibindo noticias de mortes de persoas que se tentan achegar ás nosas costas, tanto no Mediterráneo como no Atlántico", destaca a plataforma no tocante a un problema que -destacan- ten lugar especialmente na contorna das Illas Canarias. "Seguimos atopando casos de barcos de salvamento de ONGs que non atopan lugares seguros nos que atracar,  cheos de persoas que precisan axuda inmediata". Fronte a esta circunstancia, a plataforma xa anunciou que repetirá a mobilización, "baseada no silencio" cada primeiro xoves de mes, no mesmo lugar e á mesma hora.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta