A Xunta confirma o despedimento do persoal monitor do bus escolar de Oleiros no que quedou esquecido un neno

Alega "perda de confianza" pola dimisión da directora do colexio.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/10/2020 | Actualizada ás 19:07

Comparte esta noticia

A Xunta confirmou o "despedimento do persoal monitor" do autobús escolar de Oleiros (A Coruña) no que quedou esquecido toda a mañá, sen asistir a clase, un alumno de 5º de Infantil do CEIP Luís Seoane desta localidade coruñesa.

Autobús escolar ás portas do CEIP Luís Seoane de Oleiros
Autobús escolar ás portas do CEIP Luís Seoane de Oleiros | Fonte: Google Maps.

"Estes feitos, a pesar do seu gran significancia, non foron postos en coñecemento da Xefatura Territorial da Coruña por parte do centro escolar", indicaron desde a Consellería de Educación tras as críticas do claustro e persoal non docente do centro e do alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, que sosteñen que a directora do colexio foi "obrigada" a dimitir.

A Consellería sostén que "foi a propia Xefatura Territorial quen, transcorridas máis de 24 horas despois do acontecido, tivo constancia do mesmo por canles non regulamentarias". "De inmediato, solicitou información ao respecto á dirección do centro, a quen convocou a unha reunión".

Por outra banda, indica que esta mañá o Servizo de Inspección Educativa da Coruña mantivo dita reunión coa dirección do centro e engade que, no marco da mesma, "a directora do centro presentou a súa dimisión".

"A Xefatura Territorial prevé aceptar esta decisión como consecuencia dunha perda de confianza por non informar duns feitos desta gravidade", engade a Consellería.

Por outra banda, confirma que o responsable do servizo do transporte comunicou "o despedimento do persoal monitor que atendía o alumnado usuario".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta