Á caza do león

O Deportivo busca este domingo fronte o Athletic de Bilbao a súa quinta vitoria en Liga, que podería supoñer afastar a pantasma do descenso e, de paso, meter na loita o seu rival vasco.

Por Pablo Conde | A Coruña | 21/04/2013 | Actualizada ás 00:32

Comparte esta noticia

Image and video hosting by TinyPicRiki maximo artilleiro herculino, unha semana mais non partira de inicio por lesion

Un dos encontros entre o Dépor e o Xetafe
Un dos encontros entre o Dépor e o Xetafe | Fonte: vavel.com

------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 DEPORTIVO - ATHLETIC  (Domingo, 17h00 / GolT y Canal+ Liga)

ALINEACIÓN: Aranzubia; Manuel Pablo, Aythami, Ze Castro, Silvio; Juan Domínguez, Abel Aguilar; Bruno Gama, Valerón, Pizzi; y Nelson Oliveira.

ALINEACIÓN: Iraizoz; Ramalho, Ekiza, San José, Aurtenetxe; Iturraspe, Ander; Susaeta, Muniain, Ibai Gómez; y Aduriz.

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Deportivo recibe este domingo a partir das 17.00 horas ao Athletic Club de Bilbao. Un equipo que ven deslucido do seu partido da semana pasada contra o Real Madrid, e que esta tempada esta sufrindo máis do esperado para resolver a tempada.

Os herculinos buscan a quinta vitoria consecutiva. E afastar a pantasma do descenso

A chegada de Fernando Vázquez ao banquillo deportivista reactivou a un equipo que parecía morto, que cavaba a súa propia tumba cada semana e cuxo futuro estaba abocado ao descenso á categoría de prata. Co derbi como punto de partida comezou esta particular remontada no momento clave da tempada, que podería confirmar fronte o Athletic o refrán de que "non hai quinto malo".

A Coruña, territorio de malos recordos para os roxibrancos, onde dende o 2006 non vencen

Perde Fernando Vázquez a Carlos Marchena para este partido e o resto da tempada. Unha lesión no seu xenollo esquerdo impedirá ao defensa sevillano voltar a formar parte do equipo ata o próximo curso. Clave nas vitorias fronte ao Mallorca e Zaragoza, nas que anotou, a ausencia de Marchena obrigara o de Castrofeito a ter que buscar un novo acompañante no dobre pivote a Abel Aguilar.

Marcelo Bielsa, pola súa banda, recupera aos múltiples sancionados que perderon o choque ante o Real Madrid o domingo pasado. Aymeric Laporte, Óscar de Marcos, Aritz Aduriz y Carlos Gurpegi se presumen titulares nun once no que tamén voltara Andoni Iraola, suplente fronte o Madrid e que igualará maña os 431 partidos de Julen Guerrero no primeiro equipo.

Co reto dos 42 puntos, o Deportivo buscará achegarse a unha permanencia que o Athletic non quere poñer en perigo neste final de liga.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta