Temas: GALICIA CRISE

A crise bate nas empresas: en agosto pecharon o dobre das que se crearon

A creación de empresas crece un 12,6%, pero as disolucións soben case o dobre, un 21,8%

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/10/2020 | Actualizada ás 10:48

Comparte esta noticia

A creación de empresas creceu un 12,6% en agosto en Galicia en relación co mesmo período do ano anterior, por encima da media, ata situar o total en 250, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE). Pero tamén subiron, case o dobre, un 21,8%, as disolucións de sociedades mercantís o oitavo mes do ano en Galicia, ata 67, delas 50 voluntarias, catro por fusión e 13 doutro tipo.

As 250 empresas constituídas significaron a subscrición e o desembolso de case 59,93 millóns de euros. Foron dúas sociedades anónimas (por 360.000 euros) e 248 sociedades limitadas (por 59,57 millóns).

Ampliaron capital 80 empresas, por uns 33,45 millóns (tres sociedades anónimas por 251.000 euros e 77 sociedades limitadas por 33,24 millóns). Mentres, 18 compañías reducírono, por 9,23 millóns. Unicamente unha sociedade mercantil desembolsou dividendos pasivos, por 45.000 euros.

DATOS ESTATAIS

No conxunto estatal, o número de novas sociedades mercantís aumentou un 7,1% en agosto respecto ao mesmo mes de 2019, ata totalizar 5.747 novas empresas. Co avance interanual de agosto, a creación de empresas retorna a taxas interanuais positivas despois de sete meses consecutivos de descensos.

Evolución das sociedades mercantís en Galicia. EPDATA
Evolución das sociedades mercantís en Galicia. EPDATA | Fonte: Europa Press

Temas: GALICIA CRISE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta