Que fai un gran escudo franquista na USC?

A organización Acción Universitaria pide a retirada do escudo preconstitucional da Facultade de Químicas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/04/2013 | Actualizada ás 18:01

Comparte esta noticia

A organización estudantil Acción Universitaria ven de enviar un comunicado á reitoría da USC esixindo a retirada do gran escudo franquista que se atopa na fachada da Facultade de Químicas da USC.

Escudo franquista na facultade de Químicas da USC
Escudo franquista na facultade de Químicas da USC

Acción Universitaria considera que é "moi grave" que, despois de 38 anos da fin da Ditadura e despois de seis anos dende a aprobación da Lei de Memoria Histórica, continúe existindo un escudo preconstitucional de pedra nun edificio dunha institución pública como é a Universidade de Santiago de Compostela.

"Vestixio do fascismo franquista"

Non é a primeira vez que esta organización esixe a retirada dese "vestixio do fascismo franquista". "Mais a USC, ata agora, négase a acatar coa lei e a respetar ás vítimas do bando golpista na Guerra Civil e na posterior Ditadura", sinala nun comunicado.

Por iso, e en previsión de que a USC seguirá sen acatar esta lei, Acción Universitaria comezará unha recollida de sinaturas online esixindo a súa eliminación da fachada de dita Facultade. Tampouco descarta levar a cabo outras accións de protesta no futuro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

8 Ramón Otero

Que no sirva este comentario para ocultar lo que el gobierno de Franco significó para España. A día de hoy la memoria histórica de esa época produce un rechazo tan visceral, que alimenta un espejismo respecto a la idílica realidad que algunos quieren ver en el período de la 2ª República. Sirva esta introducción para reflexionar sobre las distintas memorias históricas de nuestro país, que han sido tan diversas como lo han sido los intereses de quienes han detentado el poder en cada momento. ¿Eliminamos las provincias actuales? ¿Suprimimos la calle General Pardiñas? ¿Derribamos los monumentos a Churruca, Lezo o Méndez Núñez? ¿Hay que borrar de la memoria Covadonga, Viriato, Sagunto o Numancia? ¿Qué me dicen de Cabrera o Zumalacárregui, tan absolutistas ellos? ¿María Pita o Felipe II? La historia está ahí. ¿La “eliminamos” o la estudiamos? Aprendamos de ella para entender quienes somos y hacia donde queremos ir.

7 Bautista do Unto

Puxérono agora ou xa estaba antes?

1 Nemigo

de feito desde que posteaches ti... puxeron outro

6 morasleira

As obras que fixo, ou mellor dito mandou facer, o dictador ainda estan ahí pero as que facedes os que presumides de democratas sin ser hai que reparalas antes de inauguralas. E podo dar moitos exemplos. Cobarde o que quite o escudo, non fai mal a ninguen.

5 Nemigo

pois o mesmo que o opus na universidade

4 Manoliño

Estes non se decatan que a finada memoria histórica morreu por falla de apoio social en canto lles cortaron as subvencións. Moito mellor era que levaran as matronas que hai na Facultade de Químicas á Facultade de Historia, que non pintan nada nun edificio do século XX unhas esculturas do XVIII ¿de Miguel Ferro Caaveiro? A día de hoxe, o único organismo que apoia a finada é a UdC, cuxo rector recibe a unha denominada republicana de honra cando non ten a mesma deferencia, por exemplo coa falanxista que dirixiu o comedor social de Juan Flórez mais de 40 anos, nai que o rector coñece (espero que siga viva) perfectamente.