A Xunta dá instruccións a Endesa pola contaminación do río Eume pero evita as sancións polo momento

A consellería de Infraestruturas e Mobilidade visitou a estación de captación de Pontedeume. A orixe podería estar na presa que xestiona Endesa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2020 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, cualificou de "inaceptable" a situación na que se atopa estes días o río Eume pola situación que presentan as súas augas e prometeu "depurar responsabilidades". Con todo, polo momento deu "instruccións" a Endesa, propietaria do encoro, para que reduza a contamiación.

A conselleira supervisou, xunto co alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, e coa xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Cristina Carrión, supervisou os traballos que se están realizando na zona de captación de abastecemento de auga do río co obxectivo de recuperar, canto antes, os parámetros que permitan restablecer o consumo de auga por parte da poboación.

Precisamente, o estado do río motivou que o pasado día 10 o Concello de Pontedeume prohibise a súa utilización para o consumo humano. Na súa intervención, a conselleira apuntou que o Goberno galego abriu un expediente para analizar e esclarecer a orixe desta situación co obxectivo de depurar responsabilidades para que isto "non volva suceder". "Non só estamos a falar da calidade das augas, senón que de auga que consome a poboación", manifestou.

CONCESIONARIA

A conselleira explicou que a Xunta deu "instrucións concretas" á empresa explotadora do encoro, Endesa, "para que adopte as medidas necesarias para minimizar e rebaixar esta turbidez", ao estimar que a orixe desta situación "é o sistema de explotación do encoro".

En canto ás analíticas que Augas de Galicia veu realizando nos últimos días destas augas, Vázquez trasladou que "non están afectados os niveis de PH, tampouco de osíxeno e afortunadamente non houbo mortalidade de especies, pero sinalou que si se detectaron niveis de turbidez, ata que o pasado sábado constatáronse parámetros incompatibles co abastecemento á poboación".

A integrante do Goberno da Xunta tamén detallou que "desde o primeiro momento" a Administración autonómica púxose a disposición do Concello de Pontedeume. Deste xeito, indicou que Augas de Galicia mobilizou aos seus técnicos e as barreiras de protección que existen noutra obra desta zona, para minimizar a turbidez, co obxectivo de que a zona de captación da estación depuradora estivese o máis limpa posible.

A conselleira Ethel Vázquez visita o Río Eume.. XUNTA
A conselleira Ethel Vázquez visita o Río Eume.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta