A ONU resolve o venres sobre unha nova queixa contra o Estado pola mina de San Finx. Ecoloxistas piden abordar co ministerio os proxectos eólicos no Cantábrico.
  comenta   0
O presidente da Agrupación do Marisqueo a Pé da confraría Noia, Francisco Pérez, asegura que a manifestación foi "todo un éxito" pola xente "que se achegou".
  comenta   0
A Capitanía Marítima de Tarragona ordenou a retención do buque 'Lagertha', con bandeira de Malta, pola descarga ilegal realizada na zona do dispositivo de separación do tráfico marítimo de Fisterra
  comenta   0
Ecoloxistas en Acción critica que Augas de Galicia teña expedientes sen pechar desde 2018 por episodios de contaminación.
  comenta   0
Ecoloxistas en Acción denuncia que a autorización concedida é resultado dunha trama de favores coa empresa Sacyr na que estarían implicados o ex-presidente Alberto Núñez Feijóo e outros altos cargos da Xunta.
  comenta   0
O río Ulla ten un percorrido que non está exento da presión humana nas súas beiras. Accións como represas, minaría, verteduras incontroladas ou a falta de elementos suficientes para manter as súas augas limpas, converten a segunda bacía galega nunha corrente que está perdendo a súa vitalidade paseniñamente.
  comenta   0
A ría de Arousa está atravesando un momento preocupante en relación á produción marisqueira e capturas de peixe. Segundo algunhas das confrarías, a maioría das estacións depuradoras están obsoletas e xa non cumpren coa súa función. Existen emisarios que verten augas sen depurar e as lamas procedentes de terra adentro, sobre todo en época de incendios, cando son arrastradas polo Ulla, afogan a produción pesqueira a pé e en barco.
  comenta   0
O persoal inspector localizou o foco irregular no lugar de Alvarín, procedente dunha vivenda unifamiliar, vertendo directamente á vía pública.
  comenta   0
Os resultados deste estudo aproximaron que as aves que máis contribúen a esta acumulación de tóxicos son o arao común, certas especies de corvo mariño, o pingüín ou o alcatraz.
  comenta   0
Investigadores da USC analizan as emisións de gases, o retorno enerxético e o prezo de 63 receitas típicas. Piden unha ecoetiqueta nos restaurantes para informar deses impactos aos consumidores. Científicos avalan a dieta atántica como unha das mellores para a saúde humana e do planeta.
  comenta   0
Capitanía Marítima de Vilagarcía de Arousa anunciou que desactiva a fase de emerxencia en situación 1 do Plan Marítimo Nacional de resposta ante a contaminación do medio marítimo na Ría de Arousa, que fora activada a semana pasada.
  comenta   0
Ao fío das 11,00 horas deste martes saltaron as alarmas no pequeno municipio arousán no que os veciños notaron "un forte cheiro a gasoil" e é que, a sombra o Prestige parecía que volvía asediar Arousa, que hai unhas semanas lembrábao no seu auditorio municipal.
  comenta   0
A EDAR de Lagares (Vigo) está á cabeza das entidades que contaminan a auga en España co 18% das emisións. A Xunta di que "non ten parámetros de incumprimentos" nas verteduras.
  comenta   0
A investigadora María Loureiro (A Pontenova) entrou recentemente na Real Academia Galega das Ciencias. Está incluída na lista de científicos de maior impacto mundial e salienta que "a covid e a guerra empuxaron a transición enerxética". Por outra parte, reclama unha atención inmediata ao cambio climático que "acelerou" as súas repercusións ademais de que está a incidir brutalmente na saúde das persoas.
  comenta   0
A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra abrirá un debate este sábado sobre a primeira condena por delito ecolóxico a unha papeleira no Estado.
  comenta   0
Ecoloxistas en Acción denuncia que dúas empresas pretenden a "situación irregular" xerada pola administración para lanzar varios proxectos contiguos de megaminaría a ceo aberto, asentados sobre as concesións.
  comenta   0
Greenpeace lembrou que en España "máis da metade da poboación" vive en cidades que son responsables dun 70% das emisións. Ademais, presentou o documental 'REinventando Pontevedra'.
  comenta   0
Un proxecto piloto realizado durante catro anos mostra que se pode reducir un 55% as emisións de gases de efecto invernadoiro en todas as actividades portuarias, cumprindo así os obxectivos do Pacto Verde Europeo para 2030.
  comenta   0
Expertos defenden que o fume do tabaco e o vapor dos cigarros electrónicos empeoran a calidade do aire e contribúen a espallar e contaxiar virus como o da covid-19.
  comenta   1
O groso da contaminación producida por empresas en Galicia --o 66 por cento, dúas terceiras partes-- do total correspóndese con tres empresas. Á cabeza sitúase Endesa, con 1.322.958 toneladas de CO2 --o 23 por cento--, seguida de preto da planta de produción de alúmina de Alcoa en San Cibrao (Alúmina Española), con 1.068.639 toneladas --o 19 por cento--.
  comenta   0
Científicos da Universidade de Santiago desenvolven un novo modelo para controlar as dinámicas de plásticos e microplásticos desde a súa entrada no mar. Alertan de que a maioría se acumula nos fondos mariños, o 80% procede de actividades en terra e as verteduras están aumentando.
  comenta   0
Investigadores presentan os resultados detallados das análises que se fixeron da rede de augas da localidade muxián, onde se rexistraron até 115 casos de gastroenterite en outono pasado. A orixe da contaminación non puido ser resolta. Científicos do CRETUS preguntan se estariamos dispostos a usar auga reciclada.
  comenta   0
Ecoloxistas en Acción pide deter a perforación dun túnel tras a aparición da contaminación nun curso de auga próximo.
Novas evidencias recollidas en Estados Unidos avalan a hipótese que defenden científicos galegos, pero tamén sinalan como factor adxuvante altos niveis de contaminación atmosférica.
  comenta   0
Con todo, non tivo "superacións de ningún valor límite nin de ningún valor obxectivo establecido para a protección da saúde".
  comenta   0
Ecoloxistas en Acción visitará ás plataformas veciñais que desde hai anos loitan contra as minas de Touro, San Finx, Miramontes, Varilongo, CAs Viñas ou a concesión Alberta entre outras.
  comenta   0