O encoro das Conchas, símbolo da contaminación gandeira industrial

Amigas da Terra denuncia a presenza de bacterias resistentes e nitratos, e alerta da pasividade das administracións.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/06/2025 | Actualizada ás 10:49

Comparte esta noticia

O caso do encoro das Cunchas, en Xinzo de Limia, podería marcar un precedente pola "inactividade das administracións fronte á contaminación da gandaría industrial", segundo Amigas da Terra.

Segundo trasladou a entidade nunha nota de prensa, os informes, presentados polos peritos na primeira sesión da vista xudicial o venres pasado, corroboran a "presenza de nitratos, bacterias resistentes a antibióticos e cianobacterias tóxicas na auga", unha contaminación que "pode ocasionar graves danos á saúde; desde distintos tipos de cancro ata problemas hepáticos". Tamén, ampliaron, chegáronse a atopar "cantidades importantes de bacterias fecais", algunhas delas resistentes a antibióticos.

Así mesmo, en todos os casos, os expertos confirman, segundo a asociación, que "a procedencia da contaminación débese á proliferación de macroexplotaciones gandeiras industriais, xa que non contan con suficiente base territorial para absorber os xurros que xeran".

Durante a sesión deste venres, o Xerente de Augas de Galicia, Roi Fernández Añón, declarou ante o Tribunal que a calidade da auga é "boa" a pesar de, apunta Amigas da Terra, de "todas as evidencias sobre a contaminación producida pola gandaría industrial". Ademais, as partes demandadas afirmaron que a "contaminación non é tan grave como alegan os demandantes", e seguen negando que "sexa da súa competencia".

Neste contexto, a entidade destacou que a magnitude do problema reflíctea a carga gandeira: 120.000 unidades de gando maior, que se se compara cunha poboación humana equivalería a entre 1,5 millóns e 2 millóns de persoas, cando nesa zona viven unhas 25.000 persoas.

Por iso, a representante de Amigas da Terra, Blanca Ruibal, demandou que a Xunta e o resto de administracións "deben tomar medidas cun plan de redución da gandaría industrial e facilitar a transición cara a unha gandaría extensiva, a agroecología e modelos que respecten os límites dos ecosistemas e contribúan a manter un mundo rural vivo".

Augas do encoro de As Conchas tinxidas pola gran concetración de cianobacterias
Augas do encoro de As Conchas tinxidas pola gran concetración de cianobacterias | Fonte: Cedida - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta