Unións Agrarias insiste en esixir a Consellería do Medio Rural e Augas de Galicia unha revisión "exhaustiva" e "rigorosa" das zonas vulnerables a nitratos (ZVN) en Galicia, de forma que se controle se os niveis de contaminación detectados nas estacións de medición responden efectivamente á actividade agrícola ou a outras fonte, como a chegada do turismo masivo.