O Goberno propón reducir un 37,6% a oferta de emprego público e os sindicatos temen "colapso"

Serían máis de 13.300 as prazas ofertadas. Dá de prazo ata o luns para concluír a negociación e aprobar a nova oferta.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 14/10/2020 | Actualizada ás 21:04

Comparte esta noticia

O Ministerio de Política Territorial e Función Pública presentou este mércores a súa primeira proposta de oferta de emprego público na Administración Xeral do Estado para este ano que reduce nun 37,6% o número de prazas en relación á oferta acordada en 2019. Unha redución que ten ver coa fonda crise provocada polo coronavirus. Segundo informou CSIF, o Executivo central emprazou aos sindicatos a unha nova reunión este martes para concluír a negociación o vindeiro luns e aprobar ofértaa vía real decreto o martes 27 de outubro.

Os sindicatos CC.OO., UGT e CSIF rexeitan a primeira proposta ao considerar que se pon en perigo a "viabilidade" da Administración estatal xa de seu nunha situación "crítica" e podería supor o "colapso" do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) ou a Seguridade Social, e reclaman igualar polo menos o número de prazas da oferta do ano pasado, mellorar a distribución e axilizar as incorporacións de opositores aprobados.

O Goberno volverá reunirse cos sindicatos este xoves na comisión técnica e estableceu o vindeiro luns como a data límite para concluír a negociación coa oferta de emprego público definitiva, haxa ou non acordo, coa intención de convocar a continuación a Mesa Xeral de negociación das Administracións Públicas e poder aprobar a nova oferta vía real decreto no Consello de Ministros do martes 27 de outubro, segundo informaron a Europa Press en fontes da negociación.

En concreto, a oferta de emprego público que puxo Función Pública encima da mesa contempla 7.066 prazas de acceso libre (persoas que ingresan na Administración) e 6.247 prazas destinadas á promoción interna, fronte ás 11.338 e 8.350 contempladas, respectivamente, en 2019, segundo os datos facilitados por CSIF. Así, pasaríase da oferta de emprego público de 19.688 prazas do ano pasado a 13.313 prazas na nova oferta deste ano.

Probas de oposición en Silleda. PICASA
Probas de oposición en Silleda. PICASA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta