Vigo e Ourense, as áreas con maior incidencia do coronavirus

Galicia rexistra outros 233 positivos, 61 deles en Ourense e 54 en Vigo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/10/2020 | Actualizada ás 10:58

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou outros 233 positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas, deles 61 na área sanitaria de Ourense, 54 na de Vigo; 44 na da Coruña e 37 na de Santiago de Compostela. Mentres, na área sanitaria de Lugo confirmáronse 16 positivos por PCR nas últimas 24 horas; outros 15 na de Pontevedra; e seis na de Ferrol.

Así consta na información actualizada na web da Consellería de Sanidade na mañá deste xoves con datos recolleitos ata as 18,00 horas do mércores, na que se indica que os casos activos sitúanse en Galicia nos 4.569, o que supón 32 menos que a xornada anterior.

Por áreas sanitarias, os casos activos aumentaron nas da Coruña a 770 --cinco máis--; Vigo, que teñen 534 --22 máis--; Santiago, 639 --11 máis--; e Ferrol rexistra 148 --un máis--. Mentres, descenden os casos activos nas áreas sanitarias de Ourense, que conta con 1.592 --13 menos--, Pontevedra contabiliza 419 --50 menos-- e Lugo ten 467 --oito menos--.

CURADOS E FALECIDOS

En canto ás persoas curadas ata a data na Comunidade galega, ascenden a 22.550, o que supón 273 máis que as 22.277 contabilizadas ata este mércores.

Pola súa banda, faleceron con coronavirus en Galicia 803 persoas ata o momento, o últimas seis vítimas foron notificadas este mércores pola tarde, catro delas vinculadas con residencias de maiores.

En concreto, un home de 94 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) procedía da Residencia Os Gozos de Pereiro de Aguiar e dous usuarios ingresados no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña: unha muller de 53 anos que procedía do centro Padre Menni de Betanzos e dun home de 78 anos usuario da Ballesol de Oleiros.

Pola súa banda, na residencia de maiores de Val de Monterrei rexistrouse a morte dunha muller de 88 anos. A eles súmase a morte dunha muller de 87 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS); e doutra señora de 79 anos que faleceu no seu domicilio da área sanitaria de Vigo.

Unha persoa sométese ás probas polo COVID no concello de Abegondo
Unha persoa sométese ás probas polo COVID no concello de Abegondo | Fonte: Concello de Abegondo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta