A dor neuropática: unha estraña enfermidade que afecta ó 5% da poboación e non responde ós analxésicos

Asociacións médicas piden poñer o foco nunha afección descoñecida e que adoita converterse en crónica.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2020 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Este sábado 17 de outubro é o Día Mundial da Dor, unha data impulsada pola Organización Mundial da Saúde (OMS) para  concienciar sobre a necesidade de buscar fórmulas que eviten o sufrimento físico das persoas que o padecen. E é que, segundo datos da Sociedade Española de Neuroloxía (SEN) un 11% da poboación do Estado ten dor crónica, e arredor dun 5% padécea diariamente.

Calcúlase que esta clase de doenza
Calcúlase que esta clase de doenza

A alta prevalencia da dor queda patente no sistema sanitario, xa que -de acordo coa mesma fonte- as consultas por dor supoñen o 50% das visitas a atención primaria. Delas, un 25% son xa debidas á dor neuropática, unha estraña afección neurolóxica que aparece como consecuencia de alteracións do sistema nervioso. “Aínda que existen moitos tipos de dor, a dor neuropática é considerada como unha das peores dores pola dificultade do tratamento, pola súa enorme complexidade  fisiopatológica, e pola forma tan intensa na que o experimentan os pacientes”, explica o Dr. Pedro Bermejo Velasco, Coordinador do Grupo de Estudo de Dor Neuropática da SEN. 

Tal e como sinala o doutor, “a dor é un sinal que envía o sistema nervioso para advertir de algo non anda ben". Porén, no caso da dor neuropática, esta non ten "ningunha función biolóxica", senón que se produce por unha disfunción do sistema nervioso "que fai que se interpreten como dolorosos certos estímulos que en realidade non o son”.

SÍNTOMAS "SIMILARES A UNHA CORRENTE ELÉCTRICA"

Segundo datos da  SEN, máis de 3 millóns de persoas no Estado padecen dor neuropática, dos cales o 77% sofre esta enfermidade de forma crónica. Ademais, calcúlase que aproximadamente un 50% dos pacientes non responde o tratamento prescrito, o que conduce a unha significativa perda de calidade de vida e a unha limitación funcional acusada ao longo do tempo: o 85% dos pacientes presentan unha deterioración significativa na súa calidade de vida e máis do 70% padece algún tipo de alteración psiquiátrica, principalmente trastornos do soño, ansiedade ou depresión.

Pero, en que se traduce exactamente este fenómeno? De acordo con Bermejo, a dor neuropática caracteríaze porque os pacientes experimentan, nun xeito "moi intenso", síntomas dolorosos "similares a unha corrente eléctrica" ante estímulos comúns. Ademais, a diferenza doutros tipos de dor, "a dor neuropática non responde os tratamentos analxésicos convencionais". De xeito paralelo, tente a cronificarse, xa que en máis do 65% de pacientes dura máis de 12 meses.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta