Normalidade no inicio da restrición de mobilidade no Carballiño, O Irixo e Boborás

Os alcaldes din confíar na decisión dos responsables sanitarios.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 15/10/2020 | Actualizada ás 15:48

Comparte esta noticia

As primeiras horas do inicio da restrición de mobilidade nos municipios ourensáns do Carballiño, O Irixo e Boborás debido á situación da Covid-19 transcorreron con normalidade e non colleron por sorpresa aos seus respectivos veciños que en maior ou menor medida "víano vir".

Control en Ourense pola limitación da mobilidade pola Covid-19
Control en Ourense pola limitación da mobilidade pola Covid-19 | Fonte: Rosa Veiga - Europa Press

No caso do Carballiño polo incremento dos contaxios que este mércores situaban a cifra en 163 para os seus 14.000 habitantes, unha das máis altas de Galicia. Mentres, os outros dous concellos, sinalaban que a medida se tomou "pola estreita relación" coa cabeza de comarca, O Carballiño. Así pois, Boborás ten 19 casos contabilizados mentres que Irixo oito, polo que o rexedor declaraba que "non é a mesma situación que O Carballiño e con todo é a mesma medida".

No resto da comarca a cifra por concellos non pasa dos cinco contaxios. Así pois, os alcaldes mantiveron que se estableceron as medidas necesarias e que confían na decisión dos responsables sanitarios, declaracións que ratifican este xoves tras as primeiras horas das restricións.

As rúas do Carballiño xa levaban días nas que se notaba menos afluencia debido a que era un dos poucos concellos que se atopaba en fase 3, o cal restrinxía o consumo na hostalaría, que é o emprego maioritario do municipio. Coas novas medidas aceptouse con resignación e hai moitos locais que xa non abriron tanto por atopar casos de Covid-19 entre o seu persoal como por, no caso de bares e cafetarías, "só con terrazas e agora sen veciños doutros concellos... non nos compensa".

En canto ao comercio, a xerente do centro comercial aberto, comunicou que as tendas do concello viven moito da presenza de veciños de vilas da comarca, así como da comarca do Ribeiro, polo que as restricións de mobilidade dificultan unha tempada que "xa se aveciñaba complicada", sinalou. Pero que entende que son necesarias.

Por parte da hostalaría afirmaron que representa o sector máis vapuleado desde o inicio da toma de medidas para minimizar o efecto da pandemia. No entanto, a queixa maioritaria é que ao só poder servir en terraza "non tardarán en pechar os poucos que quedan abertos xa que o tempo avecíñanos moi ao seu favor", adiantándose ás alertas por choivas.

Entre os veciños a opinión é unánime, "hai que acatar as normas para poder saír desta, porque senón todo irá a peor", e advirten que "moito vai facer a responsabilidade individual".

A primeira consecuencia destas restricións e do aumento de casos na vila foi a suspensión da feira quincenal que se celebraba este venres e que, en consonancia coa limitación de mobilidade perimetral imposta por sanidade, suspendeuse.

No caso do concello do Irixo, os seus bares permaneceron abertos, co protocolo xa establecido, do mesmo xeito que en Boborás, onde á vez que bares son tendas de ultramarinos.

CONTROIS

Sobre os reforzos nos controis de acceso tanto ao Carballiño como O Irixo e Boborás, á primeira hora da mañá deste xoves --as restricións entraron en vigor ás 00,00 horas-- situáronse nas saídas en dirección Santiago de Compostela e na autovía de acceso a Ourense.

No entanto, a medida que pasaron as horas, estes dous accesos quedáronse sen controis, que se trasladaron ás estradas secundarias que levan á provincia de Pontevedra, na saída dos límites tanto do Irixo como de Boborás.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta