O PPdeG critica a Lei de Cambio Climático: "pon en xaque a decenas de empresas"

Acusa o Goberno de querer "pechar" as empresas do sector mar-industria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2020 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, acusou ao Goberno central de querer "pechar" as empresas da "candena mar-industria" da comunidade como "fixo co sector industrial das Pontes e San Cibrao", en referencia ao proxecto da Lei de Cambio Climático que, segundo os populares, "pon en xaque" a "decenas de históricas empresas" con "miles" de postos de traballo.

"Parece que ao presidente do Goberno non lle chega con provocar o peche das nosas centrais térmicas ou con non dar solución ás industrias electrointensivas que agora continúa cunha norma que levará por diante milleiros de empregos, a economía das nosas comarcas costeiras e unha cadea mar-industria que demostrou ser punteira nos últimos anos", sinalou Tellado este venres, segundo recolle unha nota de prensa.

Os populares lamentan que "nin PSOE nin Podemos" presentasen emendas ao artigo 18 do proxecto de Lei de Cambio Climático que afecta á caducidade das concesións para as instalacións no bordo marítimo.

"O PSOE quere facer coa nosa cadea mar-industria o que xa fixo co sector industrial das Pontes e de San Cibrao", aseverou Tellado, que reclamou ao Goberno que "rectifique" para evitar o "fatal desenlace para industria galega e española".

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, na rolda de prensa. PPDEG
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, na rolda de prensa. PPDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta