CCOO denuncia ataques desde a Xunta en relación á provisión de postos de veterinarios públicos

O sindicato asegura que a administración galega sinalaba a CCOO como instigadora de accións sindicais contrarias aos aprobados por oposición, querendo discriminar os interinos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/10/2020 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A central sindical acusa directamente á Dirección Xeral de Función Pública de estar provocando división entre veterinarios interinos e aqueles que gañaron unha praza pública. A raíz desta actuación por parte de CCOO está en que non comparten as dilacións e atrasos inxustificados no proceso selectivo do ano 2017, punto este imputable segundo o sindicato á propia administración.

Veterinario aplicando unha vacina a unha ovella
Veterinario aplicando unha vacina a unha ovella | Fonte: ozonoterapia

En xullo de 2020 a Dirección Xeral de Función Pública establecía a condición de vacante pura para as prazas ofertadas en veterinaria. A toma de posesión sería provisoria ata que se declarase definitiva. Para isto habería un concurso de traslados previos antes da consolidación das prazas.

No DOG de 1 de outubro apareceron 55 aspirantes que superaron as probas e 74 prazas vacantes. CCOO denuncia que algunhas desas vacantes non son “puras”, por tanto non deberan saír. Logo de denunciar este punto, Función Pública retirou as prazas que non debían estar nesa lista. Así, o sindicato alega que “o único que fixo foi solicitar que se verificase que se estaba a cumprir o acordado no mes de xullo, non incluír vacantes ocupadas por interinos”. Por outra parte, “ao comprobar que isto non era así, pedir que se cumprise”.

Polo tanto, alegan que a intervención de CCOO neste asunto “foi pedir coherencia e cumprimento do acordado no seu momento”. Ademais engaden que tamén existía “a intención de que non se producisen ceses innecesarios de interinos ata que se convoque o concurso de traslados”.

Finalmente, insisten en que as súas accións estaban dirixidas á observación e cumprimento dos acordos sobre vacantes. Por iso, ante o que CCOO denomina ataques de Función Pública, reiteran que só fixeron o seu traballo de vixilar o cumprimento das propias condicións expostas por Función Pública.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta