Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/10/2020 | Actualizada ás 20:10
O colectivo animalista Libera denunciou que o 15 por cento dos cans abandonados en España proceden da caza, polo que insta á Administración autonómica a prohibir o uso de cans na práctica cinexética.
Ante o inicio da tempada de caza menor, Libera cifra en 218.000 as persoas que asinaron unha petición favorable a que se prohiba o uso de cans nestas prácticas pola "crueldade" que representan estas modalidades.
A iso, continúa Libera, súmanse estudos como o da Fundación Affinity, que apunta a que o 15% dos abandonos de cans cada ano proveñen de actividades cinexéticas "ben porque son considerados non aptos para cazar ou por resultar imposibles para vender ou intercambiar".
Así mesmo, tamén sinalan a existencia doutras investigacións que relacionan aos cans como potenciais difusores de enfermidades noutros animais domésticos e na fauna silvestre.
"Non existe ningunha xustificación para manter a caza con cans como unha actividade legal", sinalan os animalistas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.