A Xunta subvenciona a plantación de árbores mentres evita actuar nas zonas queimadas este verán

Concede axudas para tratametnos silvícólas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2020 | Actualizada ás 11:55

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns a resolución da Consellería do Medio Rural para a concesión de axudas á plantación de árbores e a realización de tratamentos silvícolas para previr danos causados por incendios forestais. Unha medida que contrasta coas críticas que está recibindo o Goberno galego por non actuar de motu propio para rexenerar as milleiras de hectáreas queimadas nos montes de Ourense.

Nun comunicado, a Consellería do Medio Rural indicou que un total de 546 beneficiarios destas achegas levarán a cabo accións silvícolas en case 7.400 hectáreas de monte. Así, búscase previr danos debidos a lumes e desastres naturais, ademais de aumentar lacapacidad de adaptación e o valor ambiental de ecosistemas forestais.

O importe global das axudas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), supera os 13,5 millóns de euros, a maior cantidade destinada a este ámbito. As liñas de actuación comprendidas na orde inclúen a realización de tratamentos silvícolas preventivos de incendios forestais, como rareos, rozas e podas en masas de coníferas. Para iso, aprobáronse 383 expedientes que permitirán actuar en máis de de 5.280 hectáreas.

Así mesmo, a orde comprende unha segunda liña de actuación centrada en tratamentos silvícolas e plantacións de árbores entre os que se inclúen frondosas caducifolias, alcornoques e aciñeiras. Así, aspírase a favorecer o incremento dos valores ecolóxicos dos montes.

Tamén subvencionan accións de rexeneración ou mellora de zonas con gran presenza de castiñeiros. Deste xeito, sumáronse 163 beneficiarios desta liña de axudas que permitirá levar a cabo acciones en 2.107 hectáreas.

Unha plantación de piñeiros fronte a outra de eucaliptos
Unha plantación de piñeiros fronte a outra de eucaliptos | Fonte: CG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta