Rescatada unha muller tras quedar illada polo mar nunha zona de pedras en Muxía

Na parroquia de Moirame.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 27/07/2024 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencias rescataron a unha muller que quedou illada polo mar nunha zona de rocas na parroquia de Moirame, no municipio coruñés de Muxía. Segundo informou o 112, foi a muller a que sobre as 11,00 horas deste sábado deu a voz de alarma e detallou que non coñecía o lugar e que só podía saír pola auga.

Ademais, detallou que estaba ferida nunha perna, aínda que finalmente non necesitou asistencia sanitaria. Ata o punto desprazáronse os Bombeiros de Cee, a Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil de Muxía. Así mesmo, avisaron a Salvamento Marítimo e a Gardacostas de Galicia.

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade mobilizou unha embarcación na que trasladaron á muller ata o porto.

Sala de operacións 112 Galicia
Sala de operacións 112 Galicia | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta