Sabes cantas botellas de viño sairán da vendima da Ribeira Sacra?

O sector estima en 3,5 millóns os litros producidos este ano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2020 | Actualizada ás 11:18

Comparte esta noticia

A vendima na Ribeira Sacra concluíu coa recollida de 5,2 millóns de quilos de uva, que deixará unha produción de viño de 3,5 millóns de litros e 4,3 millóns de botellas. O presidente da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, destacou que este foi "un ano máis curto na recollida, pero ao mesmo tempo foi "boa, porque o clima axudou".

Finalmente, colleitáronse 5,2 millóns de quilos de uva, que arroxan 3,5 millóns de litros de viño e un prezo por botella "entre cinco e seis euros", co que a facturación pode alcanzar "os 25 millóns de euros". En canto á calidade, Rodríguez subliñou que "as primeiras impresións son boas, porque a vendima si se fai con seca o resultado final é bo".

Doutra banda, asegurou que, "afortunadamente, na vendima non houbo ningún problema" de contaxios pola covid. Ao seu xuízo, é "unha cousa lóxica", posto que a recollida "é unha actividade que se fai ao aire libre e onde a xente está separada".

Botellas de viño nunha adega
Botellas de viño nunha adega

"A pouco que haxa un certo coidado son moi difíciles os contaxios. Ademais na Ribeira Sacra a vendima faise pola propia familia sen interrelación con máis xente e iso axuda a que non haxa eses problemas de contagios", concluíu o empresario lucense. Nesta denominación de orixe, son 96 as adegas as que participaron na recollida de uva.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta