O alcalde de Santiago: "se non hai responsabilidade individual é imposible que isto se faga ben"

Aposta por ampliar o Xacobeo ao 2022 porque vai ser un "ano turístico excepcional".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2020 | Actualizada ás 15:38

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, apelou á responsbilidad individual como principal vía para conter a pandemia pois considera que as administracións "non poden chegar a todos os ámbitos". "Se non hai responsabilidade individual e compromiso colectivo, é imposible que isto se faga ben", sinalou o rexedor compostelán nunha entrevista este domingo a Radio Nacional previa á declaración do estado de alarma por parte do Goberno central.

"A responsabilidade individual e colectiva debe prevalecer por encima de todo. Non é posible pensar que a administración pública pode chegar a todos os ámbitos, a todos os comportamentos e estar en todos os recunchos", manifestou.

Bugallo puxo o acento en que as "denuncias e sancións" non poden "suplir a responsabilidade" de cada cidadáns porque aí reside, segundo o alcalde, que a situación epidemiolóxica mellora.

A incidencia do virus na capital galega motivou a imposición de restricións especiais vixentes desde hai días e que prohiben as reunións de persoas que non convivan no mesmo fogar, ademais de limitar ás terrazas o consumo nos bares e cafetarías, onde rexe unha limitación de aforamento do 50%. Cuestionado polas queixas do sector da hostalaría, Sánchez Bugallo demandou a implicación das administracións autonómica e estatal para decretar axudas directas do mesmo xeito que "se fai cos mariscadores cando se suspende" a súa actividade.

FESTAS EN PISOS

Por outra banda, Bugallo sinalou que se está producindo unha diminución do número de festas en pisos tras a decisión do goberno local de elevar a 750 euros as multas se son detectadas a partir das 03,00 horas da madrugada. "Pasamos de 20 festas hai dúas semanas a catro esta. A dirección é o correcta pero os resultados non poden ser satisfactorios", apuntou o alcalde.

XACOBEO E TURISMO

Por último, tamén se referiu a a posible ampliación do Xacobeo que ten lugar o próximo ano 2021 e que quixo diferenciar do Ano Santo, celebración relixiosa que, como apuntou, depende da Santa Sé, que non é favorable a estendelo a 2022.

Con todo, indicou que isto non quere dicir que o Xacobeo "non poida" ampliarse para tratar de aproveitar o seu tirón turístico unha vez superada a pandemia, á vez que vaticinou que "o segundo semestre do ano 2021 vai ser moi bo" desde o punto turístico. "E o ano 2022 vai ser un ano turístico excepcional", apostilou.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo. CAPTURA
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo. CAPTURA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta