Segunda marcha para pedir que os Franco devolvan a Casa Cornide ao patrimonio público

O 1 de outubro o pleno municipal da Coruña aprobou unha moción por unanimidade para recuperar este edificio. O Concello da Coruña pide a súa declaración como BIC.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 26/10/2020 | Actualizada ás 10:37

Comparte esta noticia

A Comisión Aberta en Defensa do Común prepara xa a II Marcha Cívica pola Recuperación da Casa Cornide, prevista para o vindeiro sábado, día 31, co obxectivo de que a familia Franco devolva ao patrimonio público este inmoble situado no centro da Coruña.

Casa Cornide. SANDRA GARCÍA REI
Casa Cornide. SANDRA GARCÍA REI

A marcha que combinará os aspectos lúdico e reivindicativo. Así, unha comitiva formada polos principais persoeiros encargados de planificar toda a casuística para a entrega do inmóbel ao ditador, encarnados, entre outros, pola actriz, Isabel Risco, e o actor Fernando Morán, amenizarán o percorrido até a propia Casa Cornide, donde o xornalista e escriitor, Manuel Rivas, procederá á leitura do manifesto xustificativo.

O pasado día 1 de outubro o pleno municipal aprobou por unanimidade unho texto de moción redactado pola Comisión Aberta en Defensa do Común e defendido conxuntamente pola Marea Atlántica e o BNG. Entre outras consideracións, instábase a poñer en práctica todos os mecanismos precisos para a recuperación do inmóbel polo pobo da Coruña coa catalogación de BIC como peza fundamental.

A Comisión Aberta en Defensa do Común considera que coa sentenza do Pazo de Meirás no seu cenit, a Casa Cornide pode correr unha sorte paralela, ao tempo que confía en que o amplo movemento nucleado en torno a partidos políticos, sindicatos, asociacións veciñais e culturais que respaldan esta II Marcha servirá "para que a cidade tome o pulso á realidade histórica dun inmóbel emblemático".

DECLARACIÓ BIC

Por outra banda, o concelleiro de Memoria Histórica do Concello da Coruña, Jesús Celemín, pediu á Xunta que sexa "sensible" e declare a Casa Cornide, propiedade da familia Franco, Ben de Interese Cultural (BIC), tras avanzar que o informe municipal está "a puntísimo" de ser enviado ao Goberno galego.

En declaracións aos medios na recolocación da estatua aos Liberais na praza das Conchiñas, Celemín explicou que "estes días" remitirase o expediente á Xunta e destacou que se trata dun informe "amplísimo" con "moitísimos documentos". Entre eles, destacou o estudo do profesor universitario Alfredo Vigo Trasancos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta