A Covid non para a estrea de 'Orfeo e Eurídice' cun sistema inédito de música en directo e en diferido

Será estreada pola Asociación de Amigos da Ópera de Santiago e a Real Filharmonía de Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2020 | Actualizada ás 12:56

Comparte esta noticia

A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago e a Real Filharmonía de Galicia estrearán o próximo 5 de novembro no Auditorio de Galicia a ópera 'Orfeo e Eurídice', coproducida por ambas as entidades.

Para esta estrea, o Auditorio adaptou os seus accesos e a súa capacidade ás restricións de aforamentos marcadas polas autoridades sanitarias, tal e como se recolle na normativa que se pode consultar na web www.compostelacultura.gal. O mesmo pasará encima do escenario, onde o Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia formará parte desta adaptación da famosa ópera de Gluck, pero subirá ás táboas dada a imposibilidade de cumprir coas medidas de distancia social pertinentes. Os seus integrantes gravaron con anterioridade na Coruña as súas intervencións nunha sesión na que se empregaron tamén máscaras de protección.

Deste xeito, integraranse as voces solistas e os instrumentos en directo coa gravación 'en diferido' do Coro da Orquestra Sinfónica. Trátase dunha experiencia nova que non conta con precedentes en España, explicaron os Amigos da Ópera.

Por outra banda, dous dos tres papeis principais deste espectáculo serán representados polas gañadoras do II Concurso de Canto Compostela Lírica, organizado pola Asociación de Amigos da Ópera de Santiago: a cantante ucraína Olga Syniakova no rol de Orfeo e a portuguesa Beatriz de Sousa no rol de Amore.

Gravación do coro para 'Orfeo e Eurídice' con medidas de protección.. AMIGOS DA ÓPERA DE SANTIAGO
Gravación do coro para 'Orfeo e Eurídice' con medidas de protección.. AMIGOS DA ÓPERA DE SANTIAGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta