Manuel Baltar tamén ataca ao Goberno central pola situación da covid

Reclama "directrices claras e eficaces" para evitar incertezas.

Por E.P. | OURENSE | 27/10/2020 | Actualizada ás 19:53

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, cualificou este martes de "decepción total" a xestión que está a levar a cabo o Goberno de España na prevención e loita contra a covid-19, á vez que reclamou "directrices claras e eficaces" para evitar incertezas.

"Non hai certezas para a poboación nin orzamentos para as entidades locais", afirmou, remarcando que "non se informa sobre o impacto do proxecto de lei de orzamentos do Estado nas economías locais, nin tampouco se concreta a repartición dos fondos comunitarios, tan necesarios para que podamos facer fronte á pandemia".

Manuel Baltar participou na reunión celebrada entre a Xunta de Goberno da FEMP, da que Baltar é membro, e os ministros de Sanidade e Política Territorial, Salvador Illa e Carolina Darias. O encontro, que tivo lugar por videoconferencia, contou tamén coa presenza de alcaldes de grandes cidades de España, e o seu obxectivo foi informar sobre a situación actual da pandemia e das iniciativas que se están implementando desde o Goberno en colaboración con deputacións, concellos e comunidades autónomas.

Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense.. DEPUTACIÓN DE OURENSE - Arquivo
Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense.. DEPUTACIÓN DE OURENSE - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta