A Xunta intervén a residencia de maiores DomusVi Ribadumia tras 25 casos de Covid

Destaca que xa hai un equipo de profesionais atendendo aos maiores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2020 | Actualizada ás 13:51

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia interveu a residencia de maiores DomusVi Ribadumia tras rexistrar 25 casos positivos de coronavirus Covid-19, deles 20 entre usuarios e cinco traballadores.

Así o informou nun comunicado de prensa a Consellería de Sanidade, que explicou que adopta esta medida "co fin de reforzar o persoal do centro". Sanidade indicou que "unha vez avaliada a situación da residencia" este departamento e o de Política Social "acordaron tomar esa medida co obxectivo de garantir a calidade asistencial e a correcta protección da saúde tanto das persoas usuarias como dos traballadores do centro".

Ademais, concretou que un equipo de profesionais sanitarios do Servizo Galego de Saúde "está xa desprazado no centro" e ocúpase de facer un seguimento médico permanente sobre a situación dos residentes", así como "vixiar a correcta aplicación das medidas de prevención, seguridade e hixiene fronte á Covid-19 aprobadas pola Xunta", engade.

"Os profesionais do Sergas tamén velarán pola continuidade dunha atención sanitaria adecuada na residencia", concluíu Sanidade.

Dúas mulleres á entrada da residencia de anciáns do Incio, en Lugo
Dúas mulleres á entrada da residencia de anciáns do Incio, en Lugo | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta