O BNG pide unha auditoría sobre o río Eume logo do estado de turbidez en días pasados

A Xunta expedientou a Endesa polo último caso de turbidez e acusou á empresa, en días pasados, de telo feito "rematadamente mal".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2020 | Actualizada ás 17:14

Comparte esta noticia

Os grupos da oposición --BNG e PSdeG-- piden axudas para compensar ás persoas que se dedican ao marisqueo e que se viron afectadas pola contaminación no río. Ademais, o Bloque reclamou unha auditoría sobre a situación.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, solicitou comparecer no Parlamento de Galicia para explicar as medidas adoptadas polo Goberno galego ante a situación de turbidez do río Eume e o seu impacto no abastecemento da auga en Pondeume.

Precisamente, este mércores, o BNG tamén solicitou a comparecencia das conselleiras de Infraestruturas e a de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, xunto con outros cargos en comisión parlamentaria e solicitou toda a documentación e información dispoñible ao Goberno galego.

É máis, o Bloque propón que o Parlamento autonómico se pronuncie a favor de realizar unha auditoría para coñecer o estado de contaminación do río Eume, xa que considera que "o recente período de turbidez é "tan só a punta do iceberg dun grave problema ambiental".

A Xunta expedientou a Endesa polo último caso de turbidez e acusou á empresa, en días pasados, de telo feito "rematadamente mal". A directora de Augas de Galicia dixo, no Parlamento, que a Administración autonómica destinará 1,5 millóns de euros na emerxencia deste río e o abastecemento de Pontedeume.

Os nacionalistas tamén reclaman que a empresa compense á Xunta polos gastos derivados, sobre o que Augas de Galicia dixo en días pasados que se reclamarán. O BNG tamén pide que se estuden a afectación aos bancos marisqueiros.

Instalación de barreiras no río Eume, onde verteduras obrigaron a prohibir o consumo de auga en Pontedeume.. XUNTA
Instalación de barreiras no río Eume, onde verteduras obrigaron a prohibir o consumo de auga en Pontedeume.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta