A mina de Santa Comba que abasteceu ós nazis podería reabrir sen cumprir coa normativa

A explotación de Varilongo, rica en Wolframio, estaría a verquer "metais pesados" sobre un afluente do Xallas, segundo Petón do Lobo.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2020 | Actualizada ás 21:40

Comparte esta noticia

Novo episodio de denuncia por un proxecto mineiro sen a regulación obrigatoria. A asociación ecoloxista Petón do Lobo vén de alzar a voz contra a mina de Varilongo, unha explotación situada no concello coruñés de Santa Comba moi cobizada no século pasado polo seu xacemento de wolframio, o 'ouro negro' dos nazis.

Mina de Varilongo en Santa Comba
Mina de Varilongo en Santa Comba | Fonte: Petón do Lobo

É coñecido que o xacemento de Varilongo serviu para abastecer o exército do Terceiro Reich. A historia da mina de Santa Comba, porén, non remata aquí, xa que -segundo denuncia a asociación- poderían estar a activarse os trámites para a súa reapertura. A problemática é que, sempre segundo a versión de Petón do Lobo, a reactivación das instalacións estaría a ter lugar sen a preceptiva autorización ambiental; un trámite obrigatorio para calquera obra desta natureza.

A falta de regulación denunciada vencéllase a unha traxectoria altamente contaminante, xa que esta mina foi acusada en reiteradas ocasións de provocar drenaxe aceda sobre os espazos e regados limítrofes. Segundo exlican dende a asociación, o rego da Braña Ancha recolle as augas residuais industriais da mina, que conteñen "con toda probabilidade" unha alta concentración de metais pesados.

"As augas residuais da mina", explican dende a plataforma, "levan acumuladas no interior da mina dende finais dos anos 80". O problema é que, de acordo con Petón do Lobo, as labores de reactivación do complexo estarían a implicar o bombeo destas augas río abaixo, co conseguinte prexuízo ambiental.  "As augas residuais industriais de mina circulan por diferentes canalizacións e balsas ata verterse no rego da Braña Ancha, cara o Sur do punto de bombeo", concretan.

PIDEN SANCIÓNS PARA A EMPRESA

Para Petón do Lobo, as evidencias visuais da contaminación por metais pesados son "claramente perceptibles" no transcurso dos 6 quilómetros do rego da Braña Ancha, que decorre desde as instalacións mineiras ata a súa confluencia co Río Xallas. "Durante este percurso, e ata a confluencia do Xallas, hai diversos puntos onde se obervan precipitados metálicos en prados e canles resultantes das enchentes que as choivas dos últimos días provocaron en diversos tramos do río".  

Mina de Varilongo, en Santa Comba
Mina de Varilongo, en Santa Comba | Fonte: OGolpe en es.wikiloc.com.

Ante estas circunstancias, unha serie de organizacións veñen de denunciar os feitos ante  Augas de Galicia, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos naturais da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e concello de Santa Comba. O obxectivo é que as autoridades procedan de inmediato á paralización das labores da empresa que xestiona o Grupo Mineiro Santa Comba para despois incoar o correspondente procedemento sancionador ante os indicios dun posible ilícito penal contra o medio ambiente e os recursos naturais. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 miñoca

Pasa o tempo e nada muda outra vez multinacionais esquilmando o pais. Se antes foron os franquistas Ildefonso Fierro, Serrano Suñer,Juan March e Demetrio Carceller ministro de Industria que vendía Wolfram aos nazis sen que o Ministro de Asuntos Exteriores Conde de Jordana se enterara de nada, queixouse a Franco pero "el generalito" deulle a razón a Carceller. Esta familia é unha das maiores fortunas do Estado.Como en todos estes "kilombos", non podía faltar un grande de España o Marqués de Argilo, pai de Cristóbal Martínez Bordiu