Este instrumento permitirá definir e actualizar as unidades territoriais sobre as que se estrutura a prestación destes servizos e mellorar o coñecemento técnico das infraestruturas de tratamento de auga existentes e avanzar na súa ordenación.
  comenta   0
Unións Agrarias insiste en esixir a Consellería do Medio Rural e Augas de Galicia unha revisión "exhaustiva" e "rigorosa" das zonas vulnerables a nitratos (ZVN) en Galicia, de forma que se controle se os niveis de contaminación detectados nas estacións de medición responden efectivamente á actividade agrícola ou a outras fonte, como a chegada do turismo masivo.
  comenta   0
O Concello vén de recibir unha subvención de 663.994,76 euros para mellorar a EDAR e a rede de saneamento da comarca, e unha subvención de 710.821,10 euros concedida pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia para a creación dunha nova gardería pública.
  comenta   0
Tras as denuncias do grupo local de Ecoloxistas en Acción no Ribeiro, Compost Galicia, S.A. foi multada por verteduras de augas residuais procedentes da planta de compostaxe.
  comenta   0
Hai "unha altísima concentración de fecais e tamén a presenza de varios compostos químicos asociados aos pesticidas e fertilizantes".
Alcoa dispón na súa planta de aluminio da Mariña de dous emisarios submarinos para verter os residuos industriais ao mar. Estes emisarios son supostamente parte do proxecto inicial do complexo industrial, cuxa autorización de verteduras data de 1979.
  comenta   0
Tal e como figura na memoria técnica, o incremento de entradas de leite dos últimos anos fai prever que a empresa poida alcanzar un limiar de produción de 150 toneladas de produtos acabados e recibir máis de 200 toneladas de leite ao día.
  comenta   0
Para a súa tese de doutoramento, o enxeñeiro químico e ambiental Jorge González Rodríguez construíu un reactor que emprega irradiación solar como fonte de luz e co que acadou porcentaxes de eliminación de fármacos superiores ao 90 %.
  comenta   0
O goberno municipal de Mos anunciou a realización de estudos e acusa a Ecoloxistas de xerar "alarma" con intención política.
É a crítica que fai Ecoloxistas en Acción que denuncia que Augas de Galicia ven de sancionar a EXPLOTACIONES GALLEGAS, S.L. por esta situación.
  comenta   0
O conselleiro delegado da empresa convida a un grupo de xornalistas as súas factorías de Portugal para un lavado de imaxe. A multinacional lusa quere crear a megacelusosa en Galicia pero sempre e cando capten máis de 200 millóns de fondos europeos, é dicir, que conten con axudas públicas para realizala.
  comenta   0
Detecta niveis de metais superiores ao límite permitido na auga. Ecoloxistas en Acción alertan do risco de abandono e fuga da empresa, "en mans de homes de palla peruanos", e esixen unha caución de 10 millóns de euros
  comenta   0
O TSXG emitiu unha sentenza na que sinala que aprecia "indicios" de que a empresa non cumpre coas condicións da Autorización Ambiental Integrada (AAI), polo que considera a "incoación, tramitación e resolución" do correspondente procedemento, "á marxe de cal poida ser o resultado". Ángeles Vázquez asegura que a Consellería fará "inspecciónelas pertinentes" para ver se hai ou non incumprimentos.
  comenta   0
Usará como materia prima máis dun millón de metros cúbicos anuais de madeira de eucalipto. Ecoloxistas en Acción pedía denegar esta iniciativa que "ocupará tanto terreo como a extensión de Santiago de Compostela" e "precisará dun consumo diario de auga superior" á que emprega "toda a poboación de toda a provincia de Lugo no mesmo día".
  comenta   0
Unha iniciativa de I+D financiada con 2,2 millóns de euros de fondos Feder na que participan 16 universidades, centros de investigación, así como outras entidades públicas e privadas.
  comenta   0