Iniciados os trámites para que o persoal de enfermaría poida prescribir fármacos en Galicia

A Administración autonómica explica que con este trámite búscase "recoñecer o traballo e labor asistencial deste colectivo, aumentando a súa capacidade resolutiva, responsabilidade e autonomía".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2020 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade iniciou os trámites para que o persoal de enfermaría poida prescribir fármacos. O paso prodúcese despois de que este xoves o BOE publicase a guía de medicamentos destinados á curación de feridas que poden ser recetados por profesionais da enfermaría.

Nun comunicado, a Administración autonómica explica que con este trámite búscase "recoñecer o traballo e labor asistencial deste colectivo, aumentando a súa capacidade resolutiva, responsabilidade e autonomía".

Así mesmo, Sanidade considera que este paso permitirá dar resposta ás necesidades de cada paciente, con especial atención nos casos de patoloxías crónicas e na prevención de enfermidades.

A decisión, segundo a Xunta, tamén repercutirá na formación dos pacientes e coidadores á hora de manexar os fármacos e na detección de posibles efectos adversos nos tratamentos.

O período de achegas e sugestiones ao borrador do decreto quedou aberto desde a súa publicación este xoves no Portal de Transparencia da Xunta e permanecerá operativo ata o próximo 12 de novembro.

Día da Enfermaría.
Día da Enfermaría.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta