Gonzalo Caballero critica a Feijóo por copiar a estratexia de Ayuso na loita contra a Covid

O PSdeG sostén que Feijóo debe tomar "as medidas necesarias" para frear o avance do coronavirus.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/11/2020 | Actualizada ás 13:41

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, instou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a abandonar a súa estratexia de "pegarse" á súa homóloga na Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, e a tomar as "medidas necesarias" para facer fronte á segunda onda de contagios pola Covid-19.

Nunha rolda de prensa ofrecida este luns, o xefe de filas dos socialistas galegos asegurou que todas as accións para loitar contra a pandemia contarán co respaldo do seu partido pero criticou que Ayuso e Feijóo quedasen "ao final da cola" e fosen "os últimos en establecer medidas" para a festividade de Defuntos.

Neste sentido, sostivo que en Galicia se están tomando "medidas apresuradas" porque o máximo mandatario autonómico "optou pola confrontación". "Feijóo e Ayuso quedaron atrasados", afirmou Gonzalo Caballero, que lle pediu ao presidente galego "responsabilidade".

Respecto diso, criticou que, tras a negativa a "blindar Galicia" como si fixeron outras comunidades, a Xunta anunciase o peche das cidades "con dúas horas de antelación prexudicando ao sector da hostalaría e aos comerciantes que fixeran unha "provisión" de mercadoría para o fin de semana.

APOIO Á HOSTALARÍA

Neste contexto, reclamou que, fronte aos "parques de última hora", o Goberno galego ten que apoiar aos sectores produtivos de Galicia, especialmente á hostalaría, unha das ramas máis afectadas pola crise derivada da covid-19.

"Ao longo desta pandemia, moitas outras comunidades deron axudas directas e o que a Xunta fixo é pór parches de última hora sen dar un respaldo á hostalaría, que aínda viu é fin de semana como todas as súas reservas viñan abaixo en cuestión de dúas horas", argumentou.

RESPOSTA DO PPDEG

Precisamente, preguntado por estas críticas, o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, subliñou que as decisións adoptadas pola Xunta tómanse con base nas recomendacións do comité clínico que asesora á Administración autonómica conforme aos criterios científicos e a evolución da pandemia.

"A propia oposición puido comprobar que todos os alcaldes, entre os que hai militantes de ambos os partidos (PSdeG e BNG), apoiaron este tipo de medidas", manifestou Pedro Puy, que sostivo que a Xunta actúa "con rapidez" e que iso non quere dicir que "sexa con improvisación".

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na rolda de prensa ofrecida na Cámara galega
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, na rolda de prensa ofrecida na Cámara galega | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta