Betanzos analizará a presenza do coronavirus en augas residuais para detectar posibles focos

Utilizará unha ferramenta tecnolóxica "deseñada expresamente como ferramenta epidemiolóxica de alerta temperá".

Por E.P. | Betanzos | 03/11/2020 | Actualizada ás 18:32

Comparte esta noticia

O Concello de Betanzos utilizará unha ferramenta tecnolóxica "deseñada expresamente como ferramenta epidemiolóxica de alerta temperá da Covid-19 en augas residuais para así poder anticiparse na toma de decisións", informa.

EDAR de Betanzos.
EDAR de Betanzos.

Da mesma, explica que se implementa "grazas ao avance de dixitalización que existe no servizo de saneamento de Betanzos, que conta cun sistema de informacion xeográfica (GIS) debidamente actualizado".

"A dixitalización permitirá que tras o inicio das mostraxes (integradas durante 24 horas/día) que se realizarán na EDAR, en caso de detectarse presenza xenética de SARS-CoV-2, poder sectorizar a rede de saneamento en catro partes diferenciadas, que permitan acoutar os diferentes sectores buscando a orixe dos posibles focos", engade.

"En cada sector atópanse referenciados os puntos representativos do saneamento (edificio municipal, centros de ensino, residencia de maiores,...), de tal forma que se se detecta material xenético do SARS-CoV-2 no sector principal que se analizará na estación depuradora nesta primeira fase do proxecto, podería ampliarse o seu alcance e instalar un novo punto de mostraxe". "Mellorando así a precisión á hora de detectar a orixe do posible rebrote", engaden desde o Concello.

Así mesmo, explica que, unha vez as mostras representativas son recollidas e analizadas no laboratorio, os resultados transfírense a unha plataforma dixital para visualizar os datos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta