Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2020 | Actualizada ás 17:12
A Policía Nacional detivo na Coruña a seis mulleres por roubos con forza en vivendas, que formaban tres células distintas pertencentes a grupos itinerantes que este corpo considera desarticuladas.
Segundo informou a Policía Nacional, as detencións desenvolvéronse no últimos catro meses, en tres operacións distintas, nas que se desarticularon cada unha dese tres células, que estaban formadas cada unha delas por dúas mulleres.
As dúas primeiras detencións producíronse o pasado mes de xullo, momentos despois de tentar cometer un roubo na zona de Adormideras polo método de resbalón. As mulleres foron localizadas e detidas de forma inmediata nas proximidades do edificio, destacou a Policía, que matiza que se lles considera presuntas autoras de diversos roubos en vivendas na cidade.
Outras dúas mulleres foron detidas no mes de setembro. Ambas eran as presuntas autoras de diversos roubos na cidade. Para eles, relataron as mesmas fontes, "utilizaban o método de resbalón e foron localizadas nas escaleiras dun edificio da Praza de Pontevedra cando tentaban forzar a porta de acceso a unha vivenda".
As dúas últimas mulleres foron detidas o pasado mes de outubro por cometer sete roubos en domicilios nunha fin de semana. Para levalos a cabo forzaban as portas de acceso ás vivendas con diversas ferramentas. Foron localizadas e detidas na zona dos Cantóns.
Prestan atención a se a persoa que sae pecha con chave ou non, momento que aproveitan para acceder rapidamente ao domicilio polo método que precisen, advirten as mesmas fontes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.